O ordense David Santos, segundo no X Campionato de Galicia de 10 km en ruta 

0

Ordes, 22 de febreiro do 2017 –  O Concello de Ordes felicita ao atleta local David Santos Domínguez, que cun tempo de 30′ 34” acadou o segundo lugar no X Campionato de Galicia de 10 km en ruta.

Na proba, que tivo lugar en Padrón esta fin de semana, participaron máis de 100 atletas. A escasa diferenza dos tempos rexistrados entre os primeiros clasificados, David Santos a tan só 5 segundos do gañador (Lolo Penas), deixou claro o alto nivel e as boas condicións do corredor ordense integrante do equipo Verxel Nutrición Deportiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial