David Trueba gaña o XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago

0

Compostela, 2 de xullo do 2019 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, anunciaron que Terra de campos, do escritor David Trueba (Ed. Anagrama) foi a gañadora do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago

O Premio Novela Europea está  promovido polo Casino co patrocinio de El Corte Inglés e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. David Trueba se impuxo coa súa novela ás outras catro finalistas: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Portabales; Perdón, de Ida Hegazi; Recursos Inhumanos, de Pierre Lemaitre, e Toda unha vida, de Robert Seethaler.

Valentín García recordou que “o galardón será xa na súa vindeira edición Premio Novela Europea Camiño de Santiago e se abrirá tamén as cidades europeas de Moscova, Berlín, París, Vannes e Viseu, ademais de a outras tres españolas, o que supón un paso máis na promoción e proxección exterior de obras escritas en lingua galega“.

Como vén sendo habitual, o xurado do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago estivo composto por tres seccións que debían elixir a obra gañador entre unha das cinco novelas europeas previamente seleccionadas por unha comisión de expertos. A sección A, cun peso do 40% na decisión final, intégrana todos os residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional na capital de Galicia; a sección B, cun peso do 10%, inclúe todos as persoas asociadas ao Casino e a sección C, cun peso do 50%, confórmana  representantes de distintos sectores sociais de Santiago e doutros países.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial