Da música de cantautor ao hard blues na xornada do Feito a Man

0

Compostela, 20 de agosto do 2018 – Desde Cuba chegan ao Feito a Man Pedro Luís e Lena Ferrer que comparten xornada con The Narts.

Pedro Ferrer

O Feito a Man abre o luns as oito da tarde. Será na Vía Sacra onde poderemos escoitar a Pedro Luis e Lena Ferrer. A renovación da tradición foi o propósito estético-musical de esta parella nestes anos. O fixeron nutríndose de todas as esencias que antecederon: Trova tradicional, Canción, Guaracha, Filin, Neofilin, Nueva trova;  así como do enorme arsenal festivo-bailable incesante na illa de Cuba; e sempre dende a intención recreadora que non se limita a calcar as fórmulas pasadas e vixentes. Aberto á inesgotable fonte da música universal. Pedro Luís Ferrer está acompañado pola súa filla, Lena.

Tne Narts

A seguinte cita será as dez na Quinta e presenta un novo grupo formado por vellos músicos, máis pola experiencia que pola idade.The Narts é unha banda formada por 4 músicos novos pero cunha contrastadísima experiencia (The Lákazans, Ruxe-Ruxe, Mutant, Nao, Monoulious DOP, Grüvzilla, Anfibia, Jorge Casal, etc.) os cales, sendo profesores nunha escola de música decidiron xuntarse para dar saída ás súas inquedanzas musicais, o que deu como resultado unha curiosa e orixinal mestura que denominaron como “Hard Blues”. Os seus concertos convértense nunha comuñón entre a propia banda e o público, converténdose nunha experiencia inesquecible a base de blues, rock, soul para todos os públicos, e logrando que todo o mundo baile ata esgotarse!.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial