De pata en pata, polbo en La Galiciana

0

Non é posible imaxinar un mercado galego sen polbo. Xa sexan as grandes carpas ou, máis recentemente, o pequeno posto, que cho pon para levar como si dun peixe de cores se tratara, o certo é que mercado e polbo están unidos desde sempre en Galicia.

A campaña de este ano pechou con 306 toneladas de polbo pescadas, 100 máis que hai un ano; ata o un de xullo éntrase en veda pero que no se capture non quere dicir que non se coma, de feito conxelalo é un dos xeitos recomendados para ablandalo e máis doado que darlle golpes contra unha superficie dura.  

La Galiciana, como mercado gastronómico situado na capital de Galicia estaba obrigado a ofrecer polbo e para iso naceu De Pata en Pata. Está de máis dicir que o polbo a feira é a estrela, o que van buscando propios e estraños, da casa ou turistas, pero cando chegan a De Pata en Pata descobren que tamén hai outras preparacións que probar, algunha sorprendente, como nos conta Delio Baranda, o cociñeiro que manexa as potas de cobre

Delio Baranda

A “causa” é de orixe precolombino así que estaremos comendo algo de historia do Perú. Outra das preparacións do polbo é á Mugardesa. A receita naceu nos propios barcos de pesca nos que a preparaban os mariñeiros. Si o polbo a feira representa a festa, a Mugardesa reflicte as comidas familiares da ría de Ferrol onde nace; un guiso con patacas e verduras que non nos deixara indiferentes.

Si comer en La Galiciana sempre é unha experiencia divertida e interesante, un xogo de sabores que probar, en este caso é tocar a raíz dos mercados galegos. Non é só a comida; é sentarse nos longos bancos e compartir mesa con alleos aos que acabar coñecendo; é falar sen presa ao redor dos pratos de madeira; é ir a feira sen saír da casa e sen ter que preocuparse do tempo, se aínda non o probastes non sei a que esperades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial