займ срочно

Debates na rede e informes nos despachos sobre a canteira da Casalonga

0

Teo, 29 de setembro do 2018 – O conflito en torno a canteira da Casalonga e o seu futuro vai dos debates nas redes sociais aos informes que pouco a pouco emítense en contra do proxecto de restauración.

Modificar o Pxom

Todo comezaba cun comentario no facebook no que Paula Prado, deputada popular e veciña da Casalonga, ao marxe doutras cuestións, emprazaba ao concello a aprobar o Pxom e impedir así a restauración da canteira. A concelleira de urbanismo de Teo, Uxía Lemus, avivaba o debate contestando no seu perfil na rede social e lembrándolle a Prado que as competencias para a probar o Pxom non son exclusivas do concello ao tempo que cualificaba como escusas para non cambiar a lei do solo a postura de Prado. A resposta de Paula Prado, na mesma publicación, non se facía esperar “No PP dixemos que plantexaríamos no Parlamento a solicitude da modificación da normativa (que é moita e diversa e non só pasa pola Lei do Solo) para establecer unha distancia mínima das plantas de residuos ás vivendas. CUMPRIMOS, rexistramos esa iniciativa. Esto que digo o poden corroborar todos e cada un dos membros da Plataforma cos que nos temos reunido, porque o dixemos expresamente: “non imos modificar a Lei do Solo” Eles non me deixaran mentir”. A deputada pedía ademais a aprobación do Pxom “Si vostedes teñen vontade política poden iniciar unha modificación puntual do PXOM e ahí sí poden suspender licenzas dende a aprobación inicial e IMPEDIR QUE SE INSTALE ESTA OU CALQUERA PLANTA DE RESIDUOS NO CONCELLO DE TEO. Sexan valentes e dilixentes. Pero non enganen coa Lei do Solo que NON operaría de xeito retroactivo”.

A última peza de este debate público chegaba coa resposta a esta publicación por parte de Uxía Lemus, a concelleira lembraba que a modificación que se quixo facer para evitar a instalación da pirotecnia de Calo fora arquivado pola Xunta “reitero: a regulación dos usos do solo rústico é da Xunta, artigo 35 da Lei 2/2016, e esa foi a razón do arquivo da modificación puntual do PXOM de Teo, que pretendía limitar as pirotecnias no solo rústico Teense.  E non o arquivamos nós, arquivouse desde a Conselleria de Urbanismo, que supoño que te dará mais credibilidade que eu. O da retroactividade parcial do urbanismo, tamen o reitero: as licenzas teñen que axustarse á normativa vixente no momento da concesión, NON no momento da solicitude”. Lemus engadía que antes que modificar os Pxom de toda Galicia resultaba máis doado modificar a lei “único ao que nos comprometimos neste expediente é que faríamos todo o posible porque o informe urbanístico municipal fose desfavorable. E o cumprimos, porque non queremos estas plantas no noso concello pero tampouco noutra parte de Galicia (non pretenderan 313 pxom novos, un por cada concello galego?)

Agora lles toca a vostedes, que moita proposta e moita leria pero aínda non vin ninguna modificación concreta da normativa, que distancia, a nucleo, a vivenda? (por certo por coherencia lexislativa esta regulación de distancias debería incluirse na Lei do solo onde si que se incluem distâncias entre os núcleos e as explotacións gandeiras)”.

As redes sociais proporcionan cada día máis momentos imposibles en outros eidos, debates sen límite de tempo e nos que podemos releer o dito cantas veces queiramos, polo menos sempre que non sexa eliminados, e incluso aportar a nosa propia visión. A publicación completa a tedes aqui

Industria e Medio Ambiente en contra da restauración

Mentres os debates agroman os informes seguen o seu camiño. Despois de que a Consellería de Medio Ambiente arquivara o proxecto de planta de reciclaxe a Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria ven de realizar unha proposta de denegación do proxecto de restauración de Toysal. A empresa pode agora presentar alegacións a esta proposta antes de tomar unha decisión definitiva pero a balanza inclínase cara a prohibición do proxecto. As decisións que, tras recibir as aportacións da empresa, tome a Consellería sería xa definitivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies