займ срочно

Débeda bancaria e mesas electorais centraron o Pleno de Ordes

0

Ordes, 2 de maio do 2019 –   O Concello de Ordes aprobou por unanimidade o sorteo levado a cabo para a constitución das mesas electorais de cara aos vindeiros comicios municipais, que terán lugar o 26 de maio.

O día 26 instalaranse un total de 18 mesas electorais repartidas do seguinte xeito: Casa da Cultura (3 mesas); CEIP Campomaior (3 mesas); CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2 mesas); salón de actos da nave de gando no Mesón do Vento (1 mesa); antiga escola de Leira (1 mesa); antigo colexio de Mercurín (1 mesa); antiga escola de Vilamaior (1 mesa); antiga escola unitaria de Buscás (1 mesa); antiga escola de Pereira (1 mesa); antiga escola de Poulo (1 mesa); local social da igrexa de Beán (1 mesa); local social de Castro Parada (1 mesa); antiga escola de educación infantil de Santa Cruz de Montaos (1 mesa).

Rogos

Nesta sesión ordinaria non se presentou ningunha moción, aínda que tanto o BNG como a non adscrita Beatriz Martínez Candal fixeron un rogo e preguntaron sobre a débeda do Concello. Segundo palabras do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, “a débeda viva ascendía a 31/12/2018 a pouco máis de 3.075.000 €, aínda que en termos de débeda pública municipal, a pendente coas entidades bancarias, esta descende ata 1.721.000 € a efectos do que marca a Lei, e situarase en torno a 1 millón de euros ao final de 2019”. Isto débese a que segundo a Lei de Estabilidade Orzamentaria, e máis concretamente en base ao Protocolo sobre Procedemento do Déficit Excesivo, a definición de débeda pública non inclúe os préstamos concedidos polas deputacións provinciais aos concellos, tal e como se regula tamén na normativa europea.

Dentro dos prestamos provinciais dos anos 2016, 2017 e 2018 compre recordar que se dedicaron a investimentos 554.192,41 euros (ampliación aparcamento tanatorio, bombeo saneamento Buscás e arranxo de vías en varias parroquias).

AC-524

O BNG de Ordes solicitou tamén que a Policía Local elabore un estudo para limitar a velocidade de circulación na  AC-524 na unión co Casal colocando a sinalización correspondente.

Este rogo foi froito da preocupación da veciñanza de Vilamaior ante a elevada velocidade á cal transitan os vehículos, co conseguinte perigo de atropelos ou accidentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies