“Taco de outono” e “Mexillón galego que se volveu nikkei”, gañadoras da décima edición de Santiago(é)Tapas

0

Compostela, 1 de decembro do 2017 – O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da décima edición de Santiago(é)Tapas, concurso organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou do 2 ao 19 de novembro.

Desta vez consumíronse máis de 34.000 tapas, cun crecemento de máis do 10% respecto ao ano pasado. Nesta edición do concurso participaron 70 establecementos de Santiago, que ofrecían 101 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas foron:

– Primeiro Premio do Público: “Taco de Outono”, de Artesana Gastrobar.

– Premio do Xurado á Mellor Tapa: “Mexillón galego que se volveu nikkei”, de Izakaya Markesa.

– Segundo Premio do Público: “Vieira en crema de coliflor con emulsión da Vera”, de Hotel Arco de Mazarelos.

– Segundo Premio do Xurado á Mellor Tapa: “Xurelo, café e ensalada de outono”, de O Ferro.

– Premio Especial X Aniversario, premio concedido polo público coas súas votacións valorando a experiencia global que tivo no establecemento: “Up”, de ACDC.

– Premio (é)tapas+, concedido por un xurado especializado ao establecemento máis activo na promoción do concurso nas redes sociais: A Nave de Vidán.

Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)Tapas estivo organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano contou por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, ademais da DO Ribeiro. Tivo tamén a colaboración institucional da Deputación da Coruña.
No acto de entrega a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta “foi unha edición cun gran nivel de consumo, con máis de 34.000 tapas vendidas e un crecemento de máis do 10% respecto do ano pasado. E tamén foi unha edición cun gran nivel de calidade das tapas, nunha clara mostra das capacidades dos nosos cociñeiros e cociñeiras”.

Pola súa banda, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, sinalou que este concurso “existe e funciona grazas ao esforzo de moitos profesionais da hostalería que dedican moitas horas a crear e servir as súas tapas. E, por suposto, aos composteláns e compostelás, turistas e visitantes, que percorren as diferentes (é)Tapas, coñecendo de primeira man, aínda que sexa en formato pequeno, todo o que a gastronomía santiaguesa e galega pode ofrecerlles”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies