Mañá apróbase no consello da Xunta a declaración BIC de Pontevea

0

Bisbarra, 8 de novembro do 2017 – Este xoves o Consello da Xunta de Galicia declarará Ben de Interés Cultural, BIC, a Pontevea que une os concellos de Teo e A Estrada.

O 28 de febreiro de 2015 o BNG de Teo e da Estrada poñían en marcha unha iniciativa para declarar a ponte de Pontevea como Ben de Interese Cultural, BIC. Esta iniciativa materializada nunha moción do BNG que se debateu e aprobou por unanimidade nos dous concellos, tamén tivo a súa continuidade no Parlamento Galego cunha iniciativa defendida pola actual voceira da organización nacionalista, Ana Pontón, e que poñía en marcha a maquinaria da administración galega para facer realidade os mandato dos concellos de Teo e da Estrada.

Con todo, e á marxe das iniciativas de carácter institucional o BNG de ambos os dous concellos tamén desenvolveu actos de carácter reivindicativo para manter viva a demanda social existente en Teo e na Estrada para coidar e revitalizar este monumento que une ambos os dous concellos.

Desde o BNG de Teo e da Estrada móstranse ledos “saúdamos que, por fin, a Xunta tome medidas sobre este patrimonio que é de todas as galegas e galegos, xa que este xoves nove de novembro o Consello da Xunta declarará BIC a ponte medieval de Pontevea. Agardamos que esta declaración non quede só niso, -nunha declaración-, e vaia máis alá do papel para poñer en valor un monumento que foi testemuña de acontecementos históricos moi relevantes, non só para o noso pobo, senón tamén para a Historia”.

Para o BNG  a ponte de Pontevea “é un monumento que forma parte da nosa herdanza, e temos a obriga de coidala e preservala para as xeracións futuras, do mesmo xeito que os nosos antergos nola legaron a nós. Representa parte da nosa riqueza material e patrimonial e reforza a nosa autoestima cultural, polo tanto o seu deterioro é o noso empobrecemento e agardamos que a declaración BIC poñan fin ao deterioro e ao esquecemento da Ponte por parte da administración galega máis tamén dos concellos de Teo e da Estrada”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies