Os colectivos galegos de defensa animal reúnense en Compostela para protestar pola Lei de benestar animal

0

Compostela, 11 de xaneiro do 2018 –  Este próximo sábado, día 13, terá lugar en Compostela a I Xuntanza de Asociacións e Grupos de Defensa Animal de Galicia no Centro Sociocultural do Ensanche.

A reunión terá lugar as seis da tarde e está convocada polo grupo de colectivos denominado Non a lei de benestar animal de Galicia. A xuntanza ten como fin unificar as accións a tomar contra dita lei e contra as posibles, según eles, consecuencias da súa entrada en vigor. A Lei entrará en vigor mañá venres.

Á reunión pode asistir calquera colectivo de defensa animal de Galicia, e pódese contactar cos organizadores por medio do correo protectoraanimaisaloia@gmail.com o por medio dunha mensaxe privada na páxina de facebook www.facebook.com/nonaleidebenestaranimaldegalicia.

Recentemente a Federación Galega de Municipios e Provincias tamén se mostraba contrario a unha lei que deixa aos concellos como máximos responsables na recollida e coidado de animais abandonados pero sen unha dotación económica coa que facer fronte aos gastos que eso suporá. Os colectivos quéixanse, entre outros motivos, de que a Lei reduza a protección só aos animais de compañía e de que deixe a recollida en mans de empresas privadas deixando fora a tódolos colectivos que levan anos traballando no coidado e defensa dos animais. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies