займ срочно

O comité de Urbaser denuncia deficiencias na limpeza de Santiago

0

Compostela, 16 de setembro do 2020 – O Comite de empresa da concesionaria de limpeza de Santiago, Urbaser, denuncia deficiencias e incumprimentos no servizo e o deterioro nos últimos meses.

Os traballadores da limpeza reuníronse con todos os grupos municipais da oposición e están á espera de ser recibidos polo alcalde e a concelleira responsable do servizo. O Comité denuncia que mentres que durante o confinamento realizábanse desinfeccións periódicas que axudaron a controlar os contaxios na actualidade,  coa cidade sometida a restricións, “non se está a producir ningunha limpeza nin desinfección de sitios tan comúns como papeleiras, contedores e baldeo de rúas”.

Os empregados de Urbaser tamén lembran que antes da pandemia se facían moitos máis traballos de limpeza no concello dos que se fan a día de hoxe.  Entre outros subliñan o de baldeo e lavado de contedores; a saída de 2 lava-beirarrúas e unha fregadora (actualmente sae 1 e a fregadora esporadicamente); saída de dúas cubas todo o verán (actualmente sae unha fixa e a outra esporadicamente): saída da hidrolavadora todos os días (actualmente ese traballador úsase para varias tarefas) ou saída do lavacontedores frecuente (actualmente funciona por estatísticas e sen ningún plan de lavado).

Urbaser

Imaxe de arquivo dun vehículo de Urbaser traballando en Silleda

Denuncian ademais que ao non haber un plan de lavado marcado pola organización da empresa, cando sae o lavacontedores queda a expensas dos traballadores o percorrido, o que provoca que haxa zonas que non se lavan nunca. Explican que para facer o varrido mecánico, antes saía unha varredora de noite, dúas motovarredoras de día e unha varredora grande, pero que, actualmente, só sae a varredora da noite.

Antes do confinamento tamén había traballo de brigadas tanto de mañá como de tarde e adoitaban saír varias brigadas formadas por un mínimo de 1 condutor e 3 peóns ou máis. Actualmente, porén, “están saíndo as brigadas cun peón só, o que impide facer un traballo en condicións, (baléiranse as papeleiras e se dá tempo cóllese algún papel).  Afirman que se chega mesmo a facer os traballos onde debe actuar una brigada, con tan só un peón e un carriño de limpeza e que se utilizan os peóns para ir varrer sitios tan afastados da base como a zona do Corte inglés ou zona do hospital clínico, deixando as demarcacións sen varrer. Do mesmo xeito aseguran que o mantemento é case nulo, e que a xente que o debería estar facendo dedícase á recollida de enseres.

Recollida de lixo

Non está mellor a recollida do lixo porque tal e como explican, “dado o actual estado da maquinaria quedan zonas de nivel 1 (recollida diaria) sen recoller por mor das avarías. Aparte de que as mesmas rutas están xa moi dimensionadas, o que provoca que sexa imposible a súa realización”.

Ademais denuncian que se está a utilizar as instalacións para a reparación de vehículos doutras concesións, así como os vehículos propios do Concello de Santiago para realizar tarefas noutros Concellos.

Falta de persoal

O comité chama a atención sobre a falta de persoal por mor da cobertura insuficiente do que se atopa de vacacións ou de Baixa por I.T ou porque, con frecuencia, persoal da concesionaria realiza tarefas en outros Concellos. Lembran que é obriga de Urbaser cubrir con persoal temporal as baixas por IT superiores a un mes.

Advirten de que no prego da concesión especifícase que será considerado como falta moi grave realizar tarefas fóra do ámbito do concello, reparar maquinaria doutras concesións ou facer traballos fóra do ámbito municipal “se non existe autorización expresa por parte do concello de Santiago”.

Por todo isto demandan do concello de Santiago que presione a Urbaser a cumprir coas súas obrigas porque “como se ve todos os días na cidade, a situación está nun límite insostible e, dada a actual situación da pandemia, cómpre garantir que se cumpra o contrato para garantir as condicións hixiénicas requiridas, reforzando o servizo se fose necesario”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies