Queixas pola deficiente recollida de lixo en Rois

0

Rois, 10 de xaneiro do 2018 – Xente de Rois ven de expoñer no pleno municipal as queixas da veciñanza polas deficiencias na recollida de lixo.

recollida lixoO concelleiro de Xente de Rois, Pere Tobaruela, insistiu nos incumprimentos da concesionaria “a empresa incumpre algunhas veces a frecuencia de recollida e hai unha insuficiencia manifesta de contedores nalgúns puntos, co cal hai días nos que o lixo se acumula sen ser recollido”.

Alcaldía recoñece estas deficiencias na recollida e di que están a intentar solucionar o problema, pero Xente de Rois recorda que xa se leva anos así.

Pere Tobaruela afirma que “é unha evidencia que en Rois se está a pagar por un servizo deficiente. E a cantidade total non é pequena: para este ano 2018 hai presupostado un gasto de 215.000 euros na recollida de lixo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies