Unha delegación búlgara visitou o territorio do GDR Terras de Compostela

0

Vedra, 8 de maio do 2019 – Un grupo de traballo formado por técnicos e membros do Consello de Xerencia do  GDR  Zavet –  Kubrat de Bulgaria visitou nos últimos días o territorio do GDR Terras de Compostela.

O grupo estaba encabezado por  Halime  Dobrudzhan, presidente do  GDR búlgaro,   Galya  Draganova, directora, e expertos e técnicos que traballan co programa Leader CLLD 2014-2021. A visita foi  organizada pola Sra.  Lyuba  Yonkova, Presidenta da organización Rivas Tour, encargada de coordinar e realizar todas as visitas, conferencias e relacións entre  GDR de Bulgaria e outros países da UE.

O obxectivo da visita foi obter unha estreita relación entre ambos os  GDR co fin de preparar e asinar un acordo para unha futura cooperación. Búscase atopar novos horizonte entre organismos de distintos países que traballan para o desenvolvemento rural. As experiencias obtidas con proxectos financiados polo programa LEADER son un bo exemplo do desenvolvemento económico rural que trae como consecuencia unha mellora da calidade de vida.

Co intercambio de experiencias e boas prácticas de ambos os territorios, un en Galicia e o outro en Bulgaria, consíguese unha nova visión da vida rural orientada cara á saúde, as innovacións, a agricultura biolóxica, a sustentabilidade e a prosperidade económica.

Coñecer o territorio

Co fin de coñecer o traballo desenvolto no GDR Terras de Compostela a delegación visitou distintas empresas e espazos. O primeiro día estiveron no Pazo Galegos, que combina a produción de viño cun pequeno hotel con encanto, e visitaron o espazo de coworking creado na antiga estación de tren de Santa Cruz de Rivadulla.

Outro dos encontros foi cos responsables do restaurante O Fogar do Santiso que mantén unha horta ecolóxica da que se nutre o negocio.

A delegación tivo ademais tempo para coñecer a cidade histórica de Santiago e incluso achegarse ata Finisterre e coñecer algo da Costa da Morte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial