займ срочно

Compromiso abre a delegación CxG Santa Comba

0

Santa Comba, 22 de setembro do 2017 – O pasado mércores foi constituída a delegación de Compromiso CxG Santa Comba coa presenza do Secretario Xeral da formación, Piñeiro Docampo.

O Secretario Local de CxG Santa Comba electo pola afiliación é David Barbeira Garcia, empresario da vila moi vinculado o mundo do deporte dende a súa faceta de Presidente do balonmán Xallas.

Deste xeito CxG Santa Comba certifica a súa expansión territorial que se encamiña a presentar 1/3 de candidaturas da totalidade de Concellos de Galicia.

A propia agrupación de CxG Santa Comba márcase un ambicioso plan e traballo para poñer a este concello no lugar que merece.

No día de constitución o Secretario Xeral e cargos de CxG, entre eles Cesar Ramos portavoz de Compromiso na Baña e o propio David Barbeira, visitaron a empresa FERROCAR, referente na construción e analizaron a necesidade dun ciclo de FP da rama da construción para Santa Comba.

David Barbeira dixo que “afronto esta etapa da miña vida co obxectivo de traballar con honestidade por Santa Comba, con moita ilusión e moito corazón”

David Barbeira pasa tamén a ser membro do Consello Nacional de CxG, máximo órgano do Partido, poñendo voz aos problemas de Santa Comba para darlle tratamento político a nivel nacional. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies