O delegado territorial da Xunta supervisa intervencións no Camiño Inglés

0

Ordes, 14 de outubro do 2017 –  O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, percorreu parte do Camiño Inglés ao seu paso por Ordes para supervisar distintas actuacións da Xunta na ruta.

O delegado territorial estivo en todo momento acompañado polo alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, e o concelleiro de Comercio, Xosé Manuel Rodríguez.

A visita realizouse co fin de comprobar de primeira man as actuacións englobadas no plan de mellora para a adaptación e a delimitación do trazado oficial do Camiño Inglés, establecido no ano 2014. A intervención supón un investimento de 171.500 euros destinados á apertura de explanadas e cunetas, afirmado do percorrido con zahorra,  instalación de pasos de auga e obras de drenaxe, retirada, reparación e recolocación das sinais existentes e colocación de novos indicadores, placas de quilometraxe e cunchas cerámicas, ademais do control arqueolóxico de todo o proceso.

No conxunto do Tramo II ao que pertence Ordes, e que une o Hospital de Bruma con Santiago, o investimento superou os 322.000 euros, dos que ao concello de Ordes correspondeulle un 53,17% do total. A actuación está enmarcada dentro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago que, aliñado coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020, marca a folla de ruta coa que a Xunta traballa de cara á organización do vindeiro Xacobeo 2021

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou da importancia que supón “ser conscientes de que o Camiño é un dos principais reclamos turísticos para Galicia, un gran imán que cada ano atrae ata a Comunidade a un maior número de peregrinos, polo que a administración autonómica está comprometida coa súa revalorización e promoción, como demostran estas obras”.

Pola súa banda Martínez Sanjurjo fixo referencia “ao alto nivel de colaboración que está brindando a Xunta de Galicia á hora de mellorar e  promocionar o Camiño Inglés” e compartiu a súa impresión de que “seguro será un dos principais puntos de interese turístico non só do concello senón de toda a comarca”. O rexedor ordense vinculou esta intervención con outras previstas. Este é o caso das obras do futuro albergue de peregrinos que se realizarán “a pé do camiño, na parroquia de Poulo, e  que darán comezo en datas moi próximas”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies