Os concellos afectados pola nova delimitación de estradas reúnense en Teo

0

Teo, 28 de Nadal do 2017 – O Concello de Teo acolleu onte unha xuntanza  para falar da nova delimitación de estradas autonómicas que afectará á situación urbanística de varios núcleos en trinta concellos da provincia.

A nova delimitación foi publicada no DOG do 27 de novembro de 2017 pola Axencia Galega de Infraestruturas e neste momento está en exposición pública e en período de alegacións.

Na xuntanza estiveron representantes políticos e técnicos dos Concellos de Santiago, Camariñas, Muxía, Vedra, Arzúa e Pobra de Caramiñal así como un representante do BNG local. O alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, estiveron acompañados do persoal técnico do Concello e estableceron un interesante debate co resto dos presentes valorando o nivel de afección do estudo en cada un dos Concellos.

En Teo, segundo destaca a concelleira de Urbanismo “temos ó redor de 150 parcelas afectadas algunhas delas perden edificabilidade e outras, calculamos que 26 quedan fóra de ordenación”. Neste caso vivendas con licenza municipal pasan a unha situación na que só se lle podería autorizar labores de mantemento.

Na reunión cos outros concellos afectados acordouse manter o contacto e realizar unha alegación conxunta contra os estudos realizados dende a Dirección Xeral de Infraestruturas.

Estes estudos teñen un prazo de exposición pública que remata o 12 de xaneiro, momento ata o que se poden presentar alegacións. A oficina de Urbanismo do Concello facilitará a información e asesoramento necesario á veciñanza afectada. En horario de 09:00 a 11:00 horas as persoas interesadas poderán acudir a este servizo para acceder ao expediente e, de ser o caso, presentar as alegacións que vexan oportunas. Uxía Lemus confirma que xa hai varios/as propietarios/as de vivendas que teñen tramitada a súa alegación.

Nos últimos días dende a Dirección Xeral de Infraestruras mantivéronse contactos co Concello de Teo e á volta de reis está previsto ter unha xuntanza por este tema. Mentras a responsable de Urbanismo, Uxía Lemus, insiste “seguimos preocupados pola situación na que poden quedar moitas vivendas e parcelas e pediremos que a administración autonómica reformule estes estudos de xeito que se adapten á ordenación prevista nos Pxom”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies