Demandan a Fomento o cambio de firme na N-550 en Calo, Teo

0

Teo, 27 de marzo do 2018 –  O BNG de Teo denuncia o mal estado no que se atopa a estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Calo, cun firme moi deteriorado pola falta de mantemento e conservación.

A N-550 é unha estrada que, como explican os nacionalistas, soporta miles de vehículos cada día, sobre todo despois da subida das peaxes na AP-9. O BNG denuncia o mal estado no que se atopa toda a estrada en Teo pero especialmente na zona das Galanas, na parroquia de Calo. Por este motivo os nacionalistas levarán unha moción de urxencia ao próximo pleno ara instar a Xunta de Galicia que esixa a Fomento que repoña o firme e atenda os traballos de mantemento necesarios.

O portavoz do BNG en Teo, Manuel Fernández Baz dicía que  “é incríbel que nos vexamos obrigados a circular por unha estrada na que incluso hai tramos nos que falta a capa de rodadura, como sucede nas Galanas, e máis aínda cando falamos dunha vía principal.” E engadíu que “é chamativo o silencio do PP de Teo cando centos de veciños e veciñas vémonos obrigados a circular por unha estrada neste estado de abandono.”

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial