займ срочно

Veciños de Padrón denuncia a inactivade do goberno ante a demanda de catro traballadores

0

[columns]
[column size=”1/2″] A agrupación política Veciños de Padrón considera esta situación de grandísima gravidade

[/column]
[column size=”1/2″]Fonte: Veciños de Padrón[/column]
[/columns]

Padrón, 26 de outubro do 2016 – A veciñanza do municipio de Padrón podería enfrontarse, nos vindeiros meses, a un considerable gasto: 137.437,42€. Esta é a cantidade total que reclaman catro traballadores da Oficina de Urbanismo e Rehabilitación, algúns deles contratados dende o ano 2005, en compensación polos anos traballados sen estar recoñecidos coma persoal laboral indefinido, recoñecemento que demandan agora ao Concello. Unha situación que a interventora municipal expuxo nos seus informes ao longo do tempo, e que o actual goberno do Partido Popular ignorou ata chegar ao día de hoxe.

A agrupación política Veciños de Padrón considera esta situación de grandísima gravidade, primeiro, porque serán os padroneses e padronesas os que teñan que pagar cos seus cartos as incompetencias do alcalde e o seu equipo; e segundo, porque a pesares de producirse a reclamación en decembro de 2015, ningún membro do goberno se molestou en comunicarlle a situación ao resto da oposición. Pero o máis grave de todo foi a incapacidade do alcalde para actuar e buscar solucións, como el mesmo manifestou na Comisión Informativa celebrada, a petición da oposición, para informar  da situación o pasado 10 de outubro, e onde afirmou que se deixaría aconsellar polo avogado da deputación a pesares de ter ignorado a interventora municipal durante anos.

Veciños de Padrón considera inadmisible o pasotismo, a apatía e a absoluta inmobilidade do goberno ante problemáticas creadas polo seu propio equipo, ao ignorar as recomendacións da intervención municipal e non ter sacado estas prazas a oposición pública no seu momento; unha nova mostra da súa recoñecida incapacidade para xestionar e desempeñar o seu cargo. Por outra banda, a formación entende a lexitimidade dos traballadores para facer valer os seus dereitos; pero recorda que para exercer traballos de funcionariado, os contratos deben seguir os principios reitores da contratación pública: concorrencia, publicidade, igualdade e non discriminación. Por este motivo, e seguindo a solución aportada pola intervención, insta a sacar estas prazas a oposición pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies