займ срочно

Denuncian a falta de limpeza dos pavillóns municipais de A Estrada

0

A Estrada, 3 de xullo do 2018 –  O Bloque Nacionalista Galego ven de denunciar os problemas de limpeza que sofren os pavillóns polideportivos municipais.

O BNG lembra que o pasado mes de xuño fíxose un rogo no pleno sobre a necesidade de reforzar o servizo de limpeza nos pavillóns. Os nacionalistas explican que “na pasada fin de semana comprobamos unha vez máis que esa petición non foi atendida, e os usuarios e usuarias, non só padeceron as consecuencias, senón que tiveron que asumir tarefas que non lle corresponden. Durante o Campionato Galego de Ximnasia de Trampolín, no que participaron clubs de todo o país, houbo días (concretamente o domingo) que, ao chegar pola mañá os participantes atopáronse co pavillón cheo de lixo (bolsas, latas, …) ciscado por todas partes, dando unha imaxe penosa e vergoñenta do noso concello. Foron os propios participantes do campionato os que tiveron que asumir as tarefas de limpeza que ten que coordinar ao goberno municipal do PP”.

Desde o grupo municipal do BNG demandan que o goberno asuma as súas responsabilidades e reforce a limpeza dos pavillóns cando sexa necesario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies