займ срочно

Denuncian a suba das tarifas no complexo da Telleira en Ames

0

Ames, 26 de setembro do 2018 – O Partido Popular ven de denunciar unha subida dun 2,6% nas tarifas do Centro Deportivo Municipal A Telleira.

O PP explica que con esta actualización de prezos de A Telleira, que se levará a pleno esta semana, o incremento de prezos desde o inicio sitúase en torno ao 16,10%. A adxudicación da xestión, firmada no ano 2006, permite que as tarifas que percibe a empresa concesionaria en concepto de retribución polos servizos prestados sexan actualizadas conforme á variación que experimenta o IPC Galego, a pesar de que os servizos deportivos encádranse dentro do grupo de lecer e a cultura, que conta cun IPC específico. Si se aplicara este IPC, lecer e cultura, non existiría incremento ao ser negativo, un -0,70% para o período completo.

O Partido Popular nunha nota de prensa explica ademais as distintas subidas de impostos na lexislatura. Esta subidas déronse, según os populares, unhas veces porque o Tripartito modificou as regras de cálculo, como foi o caso dos cambios na tarificación do consumo da auga; e noutras, porque incrementa directamente o tributo en cuestión, como será esta subida.

O PP tamén lembra que o pasado 1 de marzo de 2018, cando apenas faltaban días para que vencese o contrato, acordouse unha terceira prórroga do mesmo polo prazo de cinco anos; prorrogándose, por tanto, nas mesmas condicións. O Grupo Municipal Popular de Ames manifestou os seus reserva sobre a necesidade de prorrogar a citada concesión, cualificando a proposta como precipitada e pouco reflexionada, entendendo que a xustificación para conceder dicha prorroga non era suficiente. Según os populares “Coa decisión de Prorrogar durante outros cinco anos a anterior concesión, o que fixo o Tripartito é manter durante cinco anos máis o sistema de actualización automática recollido polo artigo 22 do Prego de cláusulas administrativo da concesión; sistema inxusto, que entra en contradición coa Lei 2/2015, e que supón que todos os usuarios teñan que pagar máis pola utilización do servizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies