Denuncian ante Seprona o mal estado das augas do Ulla en Touro

0

Touro, 7 de xullo do 2018 – Unha denuncia máis súmase as xa presentadas polo mal estado do río Ulla ao seu paso polo concello de Touro, en este caso na parroquia de Calvos.

A concelleira do BNG en Touro, Sandra Beis, ven de presentar un escrito ante o servizo de protección da natureza, Seprona, polo mal estado das augas do Ulla. Na documentación enviada a concelleira explica que á altura da parroquia de Calvos as augas baixan toldadas, nas inmediacións das presas hidroeléctricas. Ao mesmo tempo di que este estado púxose en coñecemento dos servizos de emerxencia vía telefónica.

Sandra Beis solicita que se realice unha análise das augas para determinar o motivo polo cal presentan este aspecto, co fin de descartar prexuízo para o medio ambiente, a contorna natural e a saúde. Tamén reclama que ditos informes descarten unha posible relación cos encoros da zona, e de ser o caso, demanda que se tomen as medidas necesarias para resarcir posibles danos.

Esta denuncia engade máis preocupación a xa existente en todo o concello pola posible reapertura da mina. A parroquia de Calvos ou os terreos onde se construíu o Centro da Terceira Idade son outros dos espazos que foron nova nos últimos meses pola contaminación das augas que teñen que sufrir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial