Denuncian as carencias estruturais e de persoal da unidade de Psiquiatría do hospital de Conxo

0

Compostela, 9 de abril do 2019 –  A Federación de Sanidade de CCOO denuncia o “abandono” da unidade de psiquiatría do Hospital de Conxo, con carencias que se manteñen desde hai máis de dous anos.

No 2017, segundo o sindicato, presentouse un escrito ante a Xerencia da Área sanitaria no que se denuncias os problemas da unidade de psiquiatría. Carencia de recursos, mobilidade do persoal, non

cobertura das ausencias, necesidade de cámaras de vixilancia ou deficiencias estruturais.

Precisamente, as estruturais son, según a denuncia, as máis preocupantes, xa que poñen en risco a seguridade de doentes e persoal hospitalario. Nos meses anteriores rexistráronse varias inundacións e caída de elementos do teito e nos últimos días produciuse a fractura e desprendemento dos cristais da ventá dunha habitación. Segundo CCOO, isto poderíase evitar se se adoptasen as medidas de protección necesarias e se instalasen vidros máis seguros. É a segunda vez que ocorre un feito coma este na mesma unidade.

Cámaras de vixilancia

CCOO tamén pediu para este servizo a instalación de cámaras de vixilancia nas cinco habitacións individuais e nos espazos comúns para garantir a seguridade dos doentes, pois a día de hoxe só unha habitación conta con elas. O sindicato explica que en decembro de 2018 asegurábase a instalación para o mes de xaneiro, como recollen as actas da comisión de centro, pero catro meses despois persiste a carencia. Tamén aclaran a este respecto que, malia que as cámaras «non substitúen nunca o acompañamento» do doente, axudan na súa vixilancia e protección. Como na unidade de Psiquiatría do Hospital de Conxo case nunca está completa a dotación de persoal requirida, a existencia de cámaras nas habitacións individuais evitaría a adopción doutras medidas coercitivas». Unha situación similar dáse na Unidade de Atención Especial (UAE) do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Alí, malia a recomendación do informe da Comisión Antitortura do Defensor do Pobo, emitido no primeiro semestre do 2018, non se realizou a necesaria instalación de cámaras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial