Denuncian de novo os problemas de acceso a PO-640 en A Estrada

0

A Estrada, 29 de novembro do 2018 –  O Bloque Nacionalista Galego faise novamente eco das reclamacións veciñais polos problemas de acceso a PO-640.

A situación afecta aos lugares de Guimarei, Vinseiro, Cereixo, Ribela e Lagartòns que teñen unha dificulte de acceso as súas residencias desde a PO-640. Chegando desde Lalín o cambio de sentido segue a ser perigoso pero agora denuncian que coa apertura dun centro comercial o problema de acceso agravouse e en non poucas ocasións teñen que continuar sen poder acceder ata atopar onde realizar o cambio de sentido.

Os nacionalistas esixen que se priorice a solución da seguridade para os peóns no acceso ao casco urbano desde a N-640 e o acceso a estrada provincial na dirección Vinseiro – Forcarei.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial