займ срочно

Denuncian o “descontrol” do punto limpo da Estrada

0

A Estrada, 22 de marzo do 2019 – O BNG de A Estrada denuncia o estado de descontrol no que se atopa o punto limpo, aberto e sen control.

Os nacionalistas explican que foron moitas as queixas recibidas por parte dos veciños polo que quixeron comprobar a súa veracidade atopándose cun punto limpo que estaba aberto de par en par, sen ningún control por parte dalgún traballador ou traballadora responsable do seu funcionamento. Ademais diso “nas inmediacións da entrada ao recinto aparecen restos de mobles, unha cadeira de coche para nenos, sen contar as moreas de restos podres durante meses e meses diante do matadoiro. Un panorama que di moi pouco do goberno que padecemos”.

O BNG alerta das posibles consecuencias de esta situación xa que non é o primeiro accidente que se produce en construcións abandonadas ou  coma neste caso en instalacións que poden inducir a algunha persoa a ir á busca de restos nos contedores de metal, mobles etc co perigo dunha caída, ferida etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies