займ срочно

Denuncian o mal estado dos contedores do rural de A Estrada

0

A Estrada, 5 de agosto do 2018 – O Bloque Nacionalista de A Estrada denuncia as deficiencias da recollida de lixo no rural e o mal estado dos contedores.

Os nacionalistas acusan de falla de implicación do goberno coa veciñanza do rural e denuncian as deficiencias que segue habendo no servizo. En moitos puntos existen contedores amarelos o que impide unha recollida selectiva de residuos acorde aos estándares medioambientáis actuais. O BNG tamén explica que hai lugares e parroquias nas que os contedores están colocados nunha base de cemento, mentres que noutros sitios están deixados á deriva. A maioría non teñen ningún soporte que impida que con vento ou outras continxencias se despracen do sitio.

O Bloque resalta o caso dos veciños próximos a un establecemento hostaleiro que xera un problema de insalubridade con cada banquete que realiza porque o lixo que saca a porta non se recolle ata días despois.

O BNG insta ao equipo de goberno de solucionar estes problemas o antes posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies