Denuncian os incumprimentos do concello da Baña coa Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca da Barcala

0

A Baña, 16 de xaneiro do 2019 – O Psoe da Baña denuncia que o concello ten sen pagar a aportación comprometida coa Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca da Barcala.

Hai unha semana o Psoe da Baña visitou a Fundación Comarca da Barcala con algúns veciños do concello. Destacan a gran labor que realizando preparando a discapacitados psíquicos para levar unha vida normal. Nun entorno seguro os usuarios poden desenvolver actividades similares ás que terán que realizar na vida diaria.

A maior parte dos usuarios, son veciños da Baña que se desprazan ao centro, de luns a venres, para realizar estas tarefas. Según explica o portavoz socialista, José Antonio Pereira, o financiamento da Fundación é variado, e tras a modificación dos estatutos fai uns anos, o Concellos da Baña e o de Negreira pasaron de ser uns meros espectadores, a formar parte como membros do padroado, o que implica aceptar as obrigas e os dereitos.

O pasado ano ante a mala situación económica da Fundación, os dous Concellos chegaron ao acordo de facer unha achega de 8000€ cada un, para sanear as posibles débedas. Dita achega foi realizada polo Concello de Negreira, pero a día de hoxe o Concello de A Baña segue sen aportar a súa parte. O Psoe cualifica esta actitude de irresponsable e asegura que está a levar á fundación a unha situación crítica.

A Fundación atópase dende finais do ano pasado con graves problemas de financiamento. O persoal propio da Fundación, leva sen cobrar os seus salarios dende o mes de novembro, e a débeda non remata aí, senón que tamén se debe parte do transporte dos usuarios, así como o pago dos materiais utilizados nas súas actividades.

Ante a precaria situación da Fundación o Psoe solicita que de maneira inmediata o Concello de A Baña ingrese a achega correspondente co fin de solucionar estes problemas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial