Denuncian que Cobre San Rafael Pretende sustituir un deposito de medio millón de litros de auga por unha simple tubaria

0

O Pino – O concelleiro socialista Óscar Vilar denuncia que a empresa promotora da Mina Touro-O Pino, Cobre San Rafael, pretende suplir un centro de captación de auga e un depósito de almacenamento e tratamento con capacidade de 550 metros cúbicos por unha simple tubaxe de 1.845 metros, xunto coas obras necesarias de soterramento e colocación.

O investimento de Cobre San Rafael para sustituir o deposito actual, que desaparecería coa reapertura da mina, non chegaría aos 34.000 €. Vilar explica que estes datos son recollidos nun documento denominado “Medidas Compensatorias para los Abastecimientos de Agua en el Área de la Explotación Minera” que xa fixo chegar á Xunta.

No concello coruñés de O Pino, a área máis afectada será a parroquia de Cebreiro, con unha poboación 450 habitantes. Aquí a veciñanza abastécese de auga captada dun manancial e que chega ao depósito con capacidade de almacenamento e tratamento. Esta infraestrutura, situada no Monte das Minas e próximo ao miradoiro do Picón en Arca, é a que a empresa pretende suprimir, presentando unha alternativa consistente en ampliar a rede de subministro, a través dunha simple tubaxe de apenas dous quilómetros de distancia, uns entronques e arquetas de rexistro; un investimento de 34.000 €.

O depósito que sería sustituido

“Tomadura de pelo”

O concelleiro socialista, cualifica a pretensións de Cobre San Rafael e do Alcalde, de “unha enorme tomadura de pelo aos veciños, se perdemos, un centro de captación, un depósito de 550 metros cúbicos, cambiamos auga de manancial por auga de río, o mínimo a solicitar son as máximas compensacións e inversións posibles, non estamos de saldo, nin imos deixar que nos espolien”, apunta. Vilar considera máis que necesario informar destas pretensións a veciñanza da parroquia de Cebreiro, “dándolles a posibilidade de presentar as oportunas alegacións, de non facelo así, quedará claro de que lado está o Alcalde, defendendo os veciños, ou, a empresa” denuncia. O concelleiro socialista anuncia que solicitará no toda a información referente a ditos acordos, os que tanto mención fai Cobre San Rafael.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial