Denuncian que no concello de Tordoia non existe documentación que acredite a aprobación definitiva do PXOM

0

Tordoia, 10 de decembro do 2018 – A pasada semana a A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaba a aprobación definitiva do PXOM de Tordoia sen que, según o Psoe, exista no concello ningún documento que o acredite.

O portavoz socialista, Carlos García, decidiu non asistir ao acto da sinatura xa que o considerou “electoralista”. García explica que “dende o primeiro momento, os socialistas dixemos que queríamos un Plan Xeral porque é o que a veciñanza e as empresas de Anxeriz precisan. Dixemos que aceptaríamos calquera PXOM, sexa cal sexa ou como sexa”.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Tordoia presentou un escrito no Concello no que xustifica a súa ausencia “por non ter, nin existir a día de hoxe ningún documento que acredite dita formalidade por parte de Urbanismo, unha vez contrastada a información co persoal funcionario do Concello. Non está nin o planeamento presentado nin o visto e prace á documentación presentada”. Unha documentación que será reclamada polo grupo municipal socialista na próxima sesión plenaria.

Carlos García agradece a visita da conselleira de Medio Ambiente e reitera as súas desculpas pola ausencia, “pero entendan que 11 anos a voltas co PXOM é moito tempo e iso de que xa tiñamos PXOM en Tordoia xa o escoitei en máis dunha ocasión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial