Denuncian que o concello de Touro verte escombros nas cunetas

0

Touro, 6 de febreiro do 2019 – A Asociación Aldea Viva reclama a dimisión do concelleiro de obras de Touro polo vertido de escombros, procedentes de obras municipais, en cunetas do concello.

A pista que conduce desde o centro da terceira idade ata o lugar da Cruz de Méndez viu nas últimas xornadas como as súas cunetas enchíanse de escombros. Restos de formigón, tella ou restos cerámicos mistúranse con diversidade de materiais plásticos e residuos altamente contaminantes como restos de illamentos de poliuretano

Aldea Viva explica que ademais da elevada capacidade contaminante dalgúns dos residuos, e denuncia que sendo a propia administración local a que ten que velar polo cumprimento da legalidade é a primeira que incumpre. Por outra banda Touro exponse a sancións ou multas por parte da consellería competente en medio ambiente “multa que se pagaría co diñeiro das veciñas/os e nunca co diñeiro do alcalde ou concelleiro de obras”.

A Asociación trasladou os feitos ao Concello de Touro, solicitando a retirada e axeitada xestión dos residuos e pide a dimisión do concelleiro delegado de obras, Jesús Martínez Pereira. Engaden no seu relato que esta actitude do concelleiro e recorrente xa que no mes de agosto, exercendo de alcalde accidental, foi cando se executaron as obras de canalización do rego Portapego, sen autorización preceptiva, o que derivou en actuacións de Augas de Galicia que aínda están abertas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial