займ срочно

Denuncian que Sogama só separa o 12% do lixo que recibe

0

Ordes, 18 de marzo do 2019 – A Plataforma Salvemos a Comarca de Ordes denuncia que Sogama “maquilla” o informe presentado ante o Consello da Xunta e oculta irregularidades.

O colectivo explica que o informe presentado pola Xunta de Galicia referido a Sogama ” realiza unha interpretación manipuladora dos datos reais (e públicos) da entidade. Facendo unha lectura máis pormenorizada dos datos que ofrece a empresa, pódese confirmar que só se selecciona o 12% de todo o lixo que recibe a planta procedente de toda Galicia e que a queima dos residuos e o depósito no vertedoiro da Areosa seguen a ser os principais destinos das bolsas despois de máis de 47 millóns de euros invertidos en melloras”.

Según Salvemos a Comarca de Ordes ” Partindo das cifras da propia empresa, Sogama ingresou 112 millóns de euros segundo o presuposto do ano 2018. Se temos en conta que o custe medio de tratamento de residuos en España é de 40 € por habitante e ano, a Sociedade Galega de Medio Ambiente estaría facturando ós concellos adheridos ó seu plan, 22 millóns de euros de sobrecusto. Disto dedúcense uns beneficios dun 25% que consideramos absolutamente abusivos tendo en conta que se trata dun servizo público no que a maior parte dos concellos actúan como clientes cautivos”.

En canto á xestión do lixo, de acordo coas cifras oficiais, o complexo de recibe en torno a un millón de toneladas de lixo ó ano das cales se recuperaron 120 mil toneladas de materiais, 480 mil foron queimadas e unhas 400 mil foron vertidas directamente no vertedoiro da Areosa sen ningún tipo de tratamento, poñendo en risco a poboación e a cunca do Río Tambre. “A conclusión é que de case un millón de toneladas, só se recuperan unhas 120 mil toneladas, o resto quéimase ou entérrase, e nada explican do que se fai coas cinzas e escouras produto da incineración. O que se está conseguindo ao longo dos últimos anos é que cun investimento total de 47 millóns de euros no complexo de tratamento se recupere unicamente un 12%” di o colectivo.

Dende hai anos os veciños e veciñas da comarca de Ordes veñen reclamando melloras no transporte, combustión e tratamento dos lixiviados e cheiros de todas as instalacións de Sogama, sen que se teña producido outro efecto que o paso de camións polo centro urbano de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies