займ срочно

Denuncian un brote de sarna en Santiago

0

Compostela, 18 de maio do 2019 – Comisións Obreiras ven de denunciar a aparición dun brote de sarna na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago.

O sindicato critica que non se aplicou con celeridade o protocolo de illamento cando se diagnosticou o primeiro caso de sarna e que as traballadoras deben pagar o custo do tratamento profiláctico das súas familias. CCOO denuncia que en canto se diagnosticou o primeiro caso non se illou decontado a persoa afectada, polo que a día de hoxe hai xa oito casos, non descartándose que a cifra aumente.

O primeiro caso foi detectado o pasado venres, 10 de maio; o luns eran xa catro e o martes, oito (sete persoas usuarias e unha traballadora). «Se existe un protocolo, parece claro que neste caso fallou», critican fontes do sindicato.

Cando á traballadora afectada, acudiu á mutua contratada pola residencia, Mutua Gallega, indicáronlle que ata a semana que vén non a podían atender, polo que a derivaron a un centro privado da Coruña, que foi onde a atenderon. Asemade, indicáronlle que o tratamento profiláctico para a súa familia e mascota debía correr do seu peto, xa que non o cobren os servizos da mutua nin a seguridade social. Posteriormente, outras dúas traballadoras acudiron á mutua con carácter preventivo. A unha déronlle o tratamento profiláctico, pero á outra derivárona ao seu centro de atención primaria. Para CCOO, isto «é mostra de que a propia Mutua Gallega non sabe como actuar».

Comisións Obreiras insta as autoridades sanitarias a actuar neste caso e, se fose necesario, perante a mutua colaboradora. Así mesmo, cualifica de «inaceptable» que as traballadoras e traballadores teñan que correr cos gastos derivados do tratamento dunha doenza contraída no centro de traballo, ou co custo da profilaxe para as súas respectivas unidades familiares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies