Denuncian vertidos de auga contaminada en sumidoiros da Estrada

0

A estrada, 14 de decembro do 2018 – O Bloque Nacionalista da Estrada ven de denunciar vertidos de auga contaminada nos sumidoiros de Penerada, na parroquia de Ouzande.

Os nacionalistas lembran que non é a primeira vez que denuncian os vertidos provocados por distintos sumidoiros. Os feitos en este caso producíronse no lugar de Penerada, na parroquia de Ouzande, onde un sumidoiro verte todo tipo de desperdicios e augas contaminadas procedentes do punto limpo e o matadoiro.

O BNG recolle as queixas da veciñanza tanto de este lugar como de Bolos, en Lagartóns, que son os que habitualmente soportan máis vertidos.

Os nacionalistas aproveitan para criticar as obras da Alameda xa que aseguran que mentres se fan eses investimentos os sumidoiros seguen con problemas e na traída de auga seguen producíndose cortes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial