Denuncian ante o SEPRONA os vertidos no río Lagartóns na Estrada

0

A Estrada, 11 de outubro do 2018 –  O Bloque Nacionalista da Estrada ven de alertar sobre os continuados vertidos que se veñen producindo no río Lagartóns.

O portavoz nacionalista Xosé Magariños afirma que “o do concello da Estrada é xa é de xulgado, é un delito ambiental reiterado o que sofren os veciños e veciñas da parroquia de Lagartóns, que teñen que soportar cheiros e líquidos contaminantes polos camiños e cunetas”. Os vertidos veñen sendo denunciados desde antes do verán  e por iso instan ao SEPRONA a que abra dilixencias contra o concello.

O BNG da Estrada presentou no mes de maio auga contaminada recollida en diversos puntos do concello, tamén nos Bolos en Lagartóns, que entregaron no rexistro municipal para o seu análise. O concelleiro da organización nacionalista explicou que “con este acto quixemos facer unha chamada de atención sobre o sistema de depuración do concello para alertar da súa ineficacia, mais á vista do que pasa nesta parroquia é evidente que ao alcalde non lle molesta porque non lle cheira, non lle chega o aire fétido á atalaia do seu despacho, se iso o tivera diante da súa casa, outro galo cantaría”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial