Volven as denuncias sobre as carencias do servizo de pediatría do Pino

0

O Pino, 27 de novembro do 2018  – Como xa sucederá en outras ocasións o Psoe do Pino denuncia a falta de pediatra no centro médico ao non cubrirse unha baixa.

O servizo de pediatría do Pino non afecta só ao concello xa que é compartido polo de Touro. O SERGAS non cubre baixas e ausencias polo que ao longo de esta semana non hai servizo. Os socialistas critican a solución dada desde a administración que propón que os menores de dous anos vaian a Arzúa ou Santiago e o resto sexa atendido polos outros médicos.

As familias solicitan servizo diario en O Pino

O socialistas, afirman que, as familias están cansadas das repetidas carencias, e solicitan que o Centro de Saúde de O Pino debe ter un servizo diario de pediatría, o contar con cota suficiente para iso. Critican a ao alcalde e reclaman del que faga as xestións necesarias para que se solucione o problema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial