A Deputación de Pontevedra inviste 1,7 millóns en sinalización de estradas

0

O responsable de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, explicou que o obxectivo é garantir a seguranza viaria e “solventar un déficit histórico” polo mal estado de conservación da rede viaria

Uxío Beníez, responsable de mobilidade da Deputación de Pontevedra

Uxío Benítez, responsable de mobilidade da Deputación de Pontevedra

Pontevedra, 10 de novembro do 2016 – O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe un investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización horizontal nas vías provinciais. En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial. A mellora, segundo dixo o nacionalista, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave.

Benítez destacou que a seguranza viaria é unha “preocupación principal” para o novo goberno da Deputación. “Hoxe lanzamos esta actuación que pretende unha sinalización horizontal integral de toda a rede viaria provincial en lugar de actuar pouco a pouco con actuacións pequenas. Queremos asegurar a visibilidade nocturna e diurna e separar os espazos para os vehículos e os peóns para garantir unha convivencia de mobilidades en toda a rede viaria”, explicou.

O plan porase en marcha agora logo de meses de traballo por parte dos técnicos provinciais de conservación e de analizar as necesidades. Segundo Benítez, “dende que chegamos ao goberno analizamos o estado de situación das estradas provinciais e detectamos un mal estado de conservación que viña de hai tempo. No relativo á sinalización horizontal os propios técnicos da Deputación tiñan manifestado que había un déficit histórico que había que solventar”.

O deputado insistiu, así, en que os criterios de selección das estradas nas que actuar foi decidido logo dun traballo “serio e rigoroso” para priorizar as actuacións máis urxentes. “Serán cuestións técnicas e non políticas ou partidistas como ata agora as que marquen os lugares nos que actuar. Non se farán melloras pola petición do alcalde de ‘turno’”

Benítez explicou que quedaron fóra do plan de sinalización algunhas vías asfaltadas recentemente e tamén outras nas que o novo departamento de Mobilidade prevé actuar de maneira inminente ou a corto prazo con reformas integrais de maior calado.

Estradas listas no verán     
O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que en toda a provincia se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas. A actuación prevese comezar tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan e, en calquera caso, na primavera do próximo ano, para que as estradas estean en “estado de revista” ao chegar o verán.

Esta semana aprobarase a licitación do plan, que se divide en catro lotes territoriais. Esta división permitirá facilitar o acceso ao contrato a empresas de menor tamaño e tamén poder executar os pintados de forma paralela e, por tanto, máis áxil.

Finalmente, Benítez destacou que esta primeira fase de mellora da sinalización horizontal terá continuación nos vindeiros anos do mandato para así dar cobertura á totalidade das estradas provinciais.

Área de Compostela

O cuarto lote é o das estradas corresponde as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Supón o pintado de 44 vías e dunha superficie loxintudinal de 797,2 quilómetros, cun orzamento de saída de 494.063,23 euros.

Na comarca do Deza pintaranse 407 quilómetros de sinalizacións horizontais en 27 vías, das que 109,6 quilómetros serán en Lalín (cinco estradas), 74,1 en Dozón (tres estradas), 47 en Rodeiro (tres estradas), 33,4 en A Golada (dúas estradas), 36,9 en Vila de Cruces (tres estradas) e 106 en Silleda (once estradas).

Na comarca de Tabeirós e Terra de Montes sitúase o concello con máis estradas e lonxitude pintada de toda a provincia: A Estrada, que verá pintados 241,7 quilómetros de sinalización horizontal en 11 vías de titularidade da Deputación. En total, na comarca actuarase en 390,2 quilómetros e en 44 vías. No resto de municipios a lonxitude restante na que se actuará será en  tres estradas en Cerdedo (48,5 quilómetros) e outras tres en Forcarei (100 quilómetros).

COMARCA DO DEZA

LALIN
6001 LALÍN – BOTOS – GRESANDE
6006 BERMES – PALMOU
6007 GOLETA – CERCIO – E.RODO – BRANTEGA
6009 LALIN – RODO – BRANTEGA
6010 AS LAMAS – MUIMENTA – VENTOSA

DOZON
6101 VIDUEIROS – AMEDO
6104 CASTRO – DOZON – SAA – ROCHA
6106 MACEIRAS – ALVARELLOS

RODEIRO
6201 RODEIRO – VILELA
6204 PORTELA – ANTAS DE ULLA
6205 SAN SALVADOR – SALTO

A GOLADA
6302 BERREDO – BRANTEGA
6304 ORREA – VAL – BROCOS

VILA DE CRUCES
6407 CASEDA – BRANDARIZ
6408 MERZA – BASCUAS
6410 BODAÑO – MERZA

SILLEDA
6501 GRAVA – ESCUADRO
6502 SILLEDA – CASTRO – MERZA
6503 SILLEDA – SIADOR – REFOXOS
6504 NEGREIROS – CARBOEIRO
6506 BREIXA – MANDUAS
6508 SOMOZA – ESCUADRO
6509 ESCUADRO – SILLEDA
6510 LAMELA – MOALDE – SENRA
6514 RELLAS – ESCUADRO
6515 SENRA – ESCUADRO
6516 GRAVA – FIESTRAS (TRAMO 1)

COMARCA DE TABEIROS E TERRA DE MONTES

A ESTRADA
7001 ESTRADA – FORCAREI
7005 AGUIONES – SANTELES – SANTA CRISTINA
7007 COUSO – SAN MIGUEL DE BARCALA
7008 ACCESO PONTE NOVO (PROV. A CORUÑA)
7011 PENA DO FOXO – OLIVES
7012 PENA – RIBELA
7013 OROSA – ORAZO (AP53 – ORAZO – N525)
7016 ESTRADA – VINSEIRO – AS CASETAS
7019 SAN ANDRES DE VEA – SAN XULIAN DE VEA
7022 CODESEDA – SEVIL
7024 OLIVES – SEQUEROS

CERDEDO
7101 CERDEDO – A PORTELA
7104 CERDEDO – SANTO DOMINGO
7106 FOLGOSO – FORCAREI

FORCAREI
7201 CACHAFEIRO – SILLEDA
7203 SOUTELO – COVAS
7204 SOUTELO – RATEL

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial