A Deputación destina 140.700 euros a medidas de accesibilidade en Negreira

0

Negreira, 27 de febreiro do 2017 – A Deputación da Coruña, a través do Plan de Acción Social, destina 140.700 euros a un proxecto para mellorar a accesibilidade no concello de Negreira.

As intervencións, que pretenden eliminar as barreiras arquitectónicas e mellorar a seguridade viaria, centraranse no local social de Romarís, o núcleo rural de Bugallido e varios viais da vila de Negreira.

O aparcamento do local social de Romarís, situado na parroquia de Arzón, repavimentarase e dotarase dunha praza reservada para persoas con mobilidade reducida, facilitando o acceso ás instalacións destinadas á xuventude e as persoas maiores. Para iso, será necesario realizar unha escavación e rozar e limpar o terreo, e posteriormente procederase ao formigonado e pavimentado.

No lugar de Bugallido, as obras consistirán na colocación dunha marquesiña na parada de autobús, que permitirá aos veciños resgardarse do frío e da choiva. Así mesmo, pavimentaranse as vías do núcleo rural, con aglomerado en quente e rego de adherencia. Previamente, fresarase o pavimento de formigón existente, limparanse a abriranse cunetas por ambos marxes e rozaranse diversas gabias, co obxectivo de formar beiravías que faciliten o tránsito a pé entre as vivendas.

Na vila de Negreira, as obras executaranse na rúa da Cachurra e as avenidas de Santiago, As Brañas e Barcala, e consistirán na renovación do firme e a dotación de novos sinais que melloren a seguridade viaria tanto do tráfico rodado como dos viandantes.

Neste sentido, fresarase o firme das calzadas e aplicaranse tres capas de mestura bituminosa en quente, ademais dun rego de imprimación con emulsión asfáltica. Unha vez rematados estes traballos, pintaranse as liñas viais con pintura reflectante e instalaranse novos sinais tamén reflectantes.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies