займ срочно

A Deputación renova o alumeado público do Milladoiro en Ames

1

Ames, 12 de novembro do 2018 –  O Concello de Ames vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de mellora da rede de alumeado público do núcleo do Milladoiro, que serán financiadas con cargo ao Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña cun investimento de 356.837,92 euros.

O proxecto consiste na renovación das instalacións de alumeado no Milladoiro (núcleo que concentra a metade da poboación do Concello de Ames), avenida Rosalía de Castro e rúas Anxeriz, Pardiñeiros e adxacentes, co obxecto de mellorar a eficiencia enerxética e reducir a contaminación lumínica e as emisións de CO2 asociadas ao consumo eléctrico.

As actuacións proxectadas inclúen a substitución de 640 puntos de luz (fundamentalmente de vapor de sodio de 150 e 250 W) existentes na zona por novas luminarias LED de altas prestacións con sistemas de xestión precisos e autónomos.  Máis dun terzo destas luminarias son de carácter ornamental e destaca a presenza de 49 balizas de chan e 23 proxectores, que tamén se dotarán de tecnoloxía LED. Procederase tamén á substitución de 21 cadros de control da instalación eléctrica e dos báculos que se atopen danados ou deteriorados.

O aparcadoiro da Casa da Cultura, as rúas Cereixos, Madalena, Capela da Madalena, Xeixo, Agro do Medio, Rúa de Abaixo, rúa da Curuxa, da Viorneira, Pardiñeiros, Anxeriz, Rosalía de Castro, Seidón, Costa Grande, Palmeiras e praza de Manuel Murguía da localidade amiense contarán así cun novo sistema de alumeado, máis eficiente e con maior calidade lumínica.

Aforro do 75% na factura eléctrica

Esta actuación permitirá un importante aforro do 75% no consumo enerxético do alumeado público da zona, que pasará dos 543.405 kWh/ano a só 136.085 kWh/ano. Esta diminución de case 410.000 kwh/ano supón unha redución das emisión de CO2 asociadas de 139 toneladas auais.  A factura eléctrica verase reducida tamén de xeito significativo, pasando dos 51.623 €/ano actuais a 12.928 euros anuais.

Ademáis de permitir actualizar as instalacións eléctricas actuais, adaptándoas á normativa eléctrica e luminotécnica vixente e diminuíndo a factura eléctrica e os gastos de mantemento, as obras suporán unha importante mellora na calidade do servizo prestado aos habitantes do Milladoiro en as aspectos  como visibilidade, seguridade e limpeza.

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies