O presidente da Deputación inaugura a humanización da rúa principal do casco vello de Arzúa

0

Arzúa, 2 de novembro do 2017 – O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Arzúa, José Luís García, inauguran as obras de mellora e humanización da rúa principal do casco vello de Arzúa.

Vista do Casco Vello antes da reforma

Vista do Casco Vello en Google Maps antes da reforma

Trátase da rúa Cima do Lugar, a principal vía do casco vello da localidade, pola que pasan cada ano milleiros de peregrinos, pois forma parte da ruta principal do Camiño Francés.

A Deputación, a través do seu Plan de Acción Social (PAS)  investiu 341.000 euros nas obras de mellora integral desta arteria principal do Concello de Arzúa, que contribuíron a mellorar a súa accesibilidade e seguridade; xa que conta con novas beirarrúas a nivel, protección de zonas peonís, árbores, mobiliario urbano e rede de saneamento. Tamén se eliminaron por completo as redes eléctricas aéreas existentes, mellorando notablemente o aspecto exterior des esta rúa do casco vello de Arzúa.

A humanización da rúa Cima do Lugar, que conecta a N547 co Alberegue de Peregrinos da localidade, supón un dos proxectos máis ambiciosos dos 420 que os concellos coruñeses financiaron a través do PAS, xa que o Concello de Arzúa decidiu concentrar todo investimento deste plan nunha soa obra.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies