займ срочно

A Deputación construirá novas beirarrúas en O Souto (Toques) e Pontepedra (Tordoia)

0

Bisbarra, 21 de Nadal do 2017 – A Deputación da Coruña construirá  beirarrúas na estrada DP-4604, ao seu paso polo lugar do Souto, en Toques, e na DP8401 á altura de Pontepedra, no termo municipal de Tordoia.

Ambos proxectos, que suman un investimento de 419.081 euros, foron aprobados na comisión de Vías e Obras da institución provincial, e serán sometidos á ratificación do pleno da corporación provincial que terá lugar o vindeiro venres, 22 de decembro.

Travesía do Souto

O proxecto para a travesía do Souto conta cun investimento de 249.336 euros, e consistirá na creación dunha senda peonil e a reparación do firme nun tramo de preto de un quilómetro que comunica algúns do servizos principais deste núcleo, coma a Casa do Concello, a oficina de información turística ou Correos, ademais de numerosas vivendas.

Actualmente, esta travesía, que constitúe o principal vial do lugar do Souto, conta con beirarrúas elevadas de baldosa hidráulica, que debido ao paso do tempo presentan un deterioro importante, con adoquíns soltos, algúns tramos sen baldosas ou sen bordo, o cal provoca grandes limitacións en canto á accesibilidade e a seguridade.

As melloras na travesía do Souto incluirán a demolición das beirarrúas, así coma o muro de mampostería situado no punto quilométrico 7+075, coa finalidade de lograr un ancho continuo de 1,80 metros.

Posteriormente, executarase unha nova beirarrúa, que estará ao mesmo nivel que a estrada na totalidade do seu percorrido, co obxectivo de eliminar as barreiras arquitectónicas. Para separar esta travesía da beiravía, disporase un caz de formigón.

As melloras nesta estrada tamén incluirán a repavimentación da todo o ancho da plataforma, coa aplicación dunha nova capa de rodaxe con afirmado de 5 centímetros e rego de adherencia.

Realizarase de igual modo a adaptación dos sumidoiros á nova rasante, e tamén se construirá unha nova rede de pluviais no tramo final da vía, que actualmente carece desta dotación básica.

Beirarrúas en Pontepedra

No caso da DP 8401, que comunica Tablilla con Agro do Mestre por Pontepedra, o orzamento destinado pola Deputación ascende a 169.745,55 euros.

A Deputación xa acometeu recentemente a mellora do firme desta estrada, que conduce o Dolmen de Cabaleiros e constitúe unha das principais arterias do Concello ao conectar con Santiago de Compostela.

O novo proxecto permitirá agora mellorar a seguridade viaria e facilitar o tránsito a pé no núcleo de Pontepedra, coa construción de beirarrúas en ambos marxes da estrada.  En total, preténdese a construción de 1.262 metros cadrados de beirarrúas, que estarán rematadas con baldosas e bordos de formigón.

As obras aproveitaranse para canalizar novas tubaxes de saneamento e recollida de augas pluviais, así coma instalar os pozos de rexistro correspondentes. Así mesmo, instalaranse as canalizacións necesarias para o subministro de auga potable e o soterramento da iluminación pública.

Paralelamente, tamén se acometerán melloras na calzada, coma a repavimentación das zonas deterioradas ou a reposicións das liñas e as sinais viarias.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies