A Deputación inviste cerca de 50.000 € no CPI de Bembibre, en Val do Dubra

0

Val do Dubra, 15 de febreiro do 2018 –  O Boletín Oficial da Provincia publicou a licitación dun proxecto para mellorar as pavimentacións do CPI de Bembibre, no Concello de Val do Dubra, que financia a Deputación cos fondos do Plan de Acción Social.

O orzamento para as obras do CPI ascende a 48.441,55 euros, e incluirán traballos tanto na explanada de acceso ao centro educativo coma no patio interior cuberto.

Beirarrúas desde a entrada do centro ata a Rúa Socortes

Unha das melloras que a Deputación realizará no CPI de Bembibre será a construción de beirarrúas na explanada de acceso ao centro. Trátase dun espazo de 580 metros cadrados, que actualmente esta pavimentada con asfalto. Esta superficie emprégase tanto para o estacionamento dos buses escolares como para os vehículos particulares que levan aos alumnos ao centro pero non ten uns percorridos delimitados para os peóns o cal ocasiona unha situación de inseguridade para os alumnos e dificulta a circulación fluída entre os buses e os demais vehículos.

Os traballos consistirán na demolición do pavimento existente e posteriormente executarase unha beirarrúa de 4 metros de ancho que conectará o portal de entrada do CPI coa beirarrúa da Rúa Socortes. Deste modo, os autobuses escolares terán un espazo delimitado para estacionarse, proporcionando un itinerario seguro para que o alumnado acceda a pé ao centro. O resto da explanada repavimentarase con aglomerado en quente, sobre unha capa de grava con rego semiprofundo. Así mesmo, instalaranse sumidoiros e canalizacións para pluviais e alumeado público.

Pavimentación do patio interior

O patio interior cuberto do colexio de Bembibre ten unha superficie de aproximadamente 900 metros cadrados, cun pavimento asfáltico que presenta numerosas irregularidades e fochas que impiden a correcta drenaxe da auga de chuvia, o cal ocasiona o deterioro progresivo do espazo e limita o seu uso polo alumnado do colexio.

As obras propostas consisten na demolición do pavimento actual e na execución dunha nova pavimentación de formigón de 12 centímetros, asentado sobre unha capa de 10 centímetros de zahorra. Esta superficie executarase cunha lixeira pendente que facilitará a evacuación da auga de choiva.

Ademais, os sistemas de drenaxe atópanse taponados e en mal estado, polo que será necesaria a execución de novos sumidoiros e tubaxe de PVC, así coma a limpeza, posta a cota e reparación dos existentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial