займ срочно

O programa da Deputación da Coruña Conquista os Elementos bota a andar en Compostela

0

Bisbarra, 18 de xaneiro do 2018 –  O programa da Deputación da Coruña Conquista os Elementos bota a andar en Santiago de Compostela co primeiro dos video-forum que terá lugar este venres no CSC As Fontiñas.

A iniciativa, que foi presentada onte en rolda de prensa, ten por obxecto impulsar a visibilidade do deporte feminino na sociedade. O acto de presentación, contou coa presenza da responsable da área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, e a concelleira de Deporte do Concello de Santiago, Noa Morales, quen deron conta das principais características e obxectivos que persegue Conquista os elementos.

O ciclo consistirá na celebración de 23 video-forums, noutros tantos concellos da Coruña, comezando cadansúa xornada coa proxección do documental “Contra os elementos” para, acto seguido, afondar na análise do deporte feminino, por medio de relatorios e debates nos que participarán mulleres deportistas e persoas representativas do deporte galego.

O inicio do programa terá lugar vindeiro venres 19 de xaneiro ás 19:00 horas, no Centro Socio Cultural das Fontiñas que acollerá o primeiro destes video-forums coa proxección do documental “Contra os Elementos” e maila celebración da mesa redonda o “Empoderamento da Muller no mundo do Deporte”. Esta xornada inaugural contará coa participación da profesora da UDC, Cristina López, a directora do semanario Sermos Galiza, María Obelleiro, a atleta internacional, Paula Mayobre e o adestrador e arbitro de baloncesto, Adrián Dios, que se encargarán de achegar as súas experiencias persoais e coñecemento sobre a visualización e promoción das mulleres no deporte.

Durante o acto de presentación, Ánxela Franco incidiu na importancia que teñen o deporte e mais a educación para avanzar no eido da Igualdade, e lamentou que na actualidade “hai moitas mulleres deportistas que a sociedade non é que de recoñecer, e nin sequera coñecer”. Así mesmo, e en relación o programa Conquista os Elementos, engadiu que “os concellos e a Deputación da Coruña traballamos man con man para que esta sexa unha ferramenta útil á hora de sementar referentes e máis un futuro con valores e Igualdade”.

Pola súa parte, Noa Morales valorou positivamente a nova proposta de Deputación ao “aportar unha maior visibilizacion da muller no ámbito deportivo dende unha perspectiva feminista de coeducación en Igualdade”, sinalando que dende o consistorio compostelá “compártense os obxectivos que pretende a Deputación co programa Conquista os Elementos“.

Entre o conxunto de obxectivos que procura esta iniciativa atópanse: fomentar á participación da muller no deporte, promover cambios nos medios de comunicación á hora de abordar a información deportiva feminina –tanto no tempo que lle adica como na linguaxe escrita e icónica que emprega-, coeducar en valores como a igualdade de oportunidades, eliminar estereotipos e promocionar a equiparación entre o deporte feminino e masculino

Durante o transcurso do presente ano, os concellos de Arzúa, Ribeira, Negreira, Carballo, Betanzos, A Coruña, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes, Ferrol, Narón, Cee, Muros, Porto do Son, Ordes, Ortigueira, Ames, Padrón, Melide, Vimianzo e Santa Comba, acollerán cadanseu video-forum, ca celebración dunhas sesións que contarán coa participación de persoeiros relevantes do deporte en cada unha das súas comarcas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies