займ срочно

A Deputación da Coruña impulsa en esta semana a iniciativa O galego, a miña lingua propia

0

Bisbarra, 13 de maio do 2018 – Na semana das Letras Galegas a Deputación de A Coruña intensifica as actividades do programa O galego, a miña lingua propia coa que impulsa o uso do idioma.

Santa Comba, Arzúa, Negreira e Ames son os concellos que recibirán as actividades do programa O galego, a miña  lingua propia. Obradoiros para uso do galego nas redes, proxeccións e charlas ademais de concertos son algunhas das propostas desta semana en que se conmemora a festa da nosa lingua.  Cun discurso directo e actividades adaptadas para o tramo de idade do alumnado de ensino medio, o programa estase a desenvolver nos centros de ensino dos concellos, a través de profesionais de distintos ámbitos artísticos ou profesionais que achegan as súas experiencias na nosa lingua e convidan á mocidade ao seu uso.  A vicepresidenta e responsábel das áreas de Normalización Lingüística e Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, destaca a “especial atención do programa a se dirixir á mocidade con experiencias próximas e isto permitiunos comprobar, x ana primeira semana, que esta unha fórmula máis eficaz para convidar a usar a nosa lingua”.

 Co fin de contribuír á paliar o descenso de falantes entre a poboación máis nova do que falan os últimos estudos sociolingüísticos, a Deputación da Coruña deseñou unha campaña de promoción da lingua en que a través de 91 actividades –subdivididas en 20 modalidades- busca contaxiar do prestixio que supón ter unha idioma propio como o galego. O programa contempla un amplo calendario de actividades e relatorios, en que participarán relevantes representantes do mundo da música, o deporte, a escrita, a danza, etc., persoas colaboradoras que, ademais de seren referentes para os mozos e mozas polas súas actividades profesionais, tamén amosaron o seu compromiso coa lingua galega.

Programación

 LUNS 14 MAIO I SANTA COMBA

10h50 Proxección da curtametraxe ‘Fálame do silencio’ e charla co director Lois Blanco Araúxo

Lugar: IES Terras de Xallas

11h40 Proxección da curtametraxe ‘Fálame do silencio’ e charla co director Lois Blanco Araúxo

Lugar: IES Terras de Xallas

Lois Blanco Araúxo nace na capital galega, debeu ser para poder moverse con máis comodidade, porque viaxou pola xeografía galega ata afincarse, xa adolescente, nas proximidades de Santiago. Igual por iso lle ferve tanto a cabeza agora. Viaxa, dentro do mundo da cultura, entre o audiovisual (Ciencias da comunicación), o teatro (dramaturxia e dirección) e a literatura (gañando premios en certames como o de Ames). Os puntos de encontro case sempre dan cun papel en branco, co que leva relacionándose dende os 9 anos. A súa última curta está movéndose en mercados e festivais do mundo, á de ser o pasado que nos leva inevitablemente ó futuro. Tamén participou cunha obra chamada Lady Shakespeare no festival de teatro máis grande do mundo, o Fringe de Edimburgo.

Actividade:

Consistirá nunha proxección da curtametraxe Fálame do silencio, que conta a historia dunha parella de mozos que están tentando atopar un punto en común para solucionar o seu desencontro amoroso. Despois do visionado procedemos ó debate na aula co estudantado, co obxectivo de facelas reflexionar sobre a comunicación no seu sentido máis amplo. A importancia do entendemento. Tamén falaremos sobre o mundo audiovisual e as súas posibilidades, abrindo preguntas e curiosidades sobre o mesmo. Tendo en conta a importancia que ten na actualidade polo acceso que se ten del nas redes. Por último, animarémolos a valorar a cultura e a utilizala como unha ferramenta moi potente de crecemento persoal e autocoñecemento, co obxectivo de axudar a cultivar persoas máis libres e valentes.

LUNS 14 MAIO I ARZÚA

16h00 María Yañez I Mapeando o galego nas redes

Lugar: Nosa Sra. Do Rosario

 María Yáñez Anllo (Lugo, 1978) é xornalista, investigadora e produtora de contidos dixitais. É licenciada en Xornalismo e Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola USC. Leva 20 anos traballando en cinema, televisión e internet, sobre todo explorando as interseccións entre estes medios. É especialista en narrativas dixitais, en contido web e en distribución e promoción audiovisual na rede. Foi socia fundadora da empresa de comunicación dixital A Navalla Suíza e coeditora de EMBED.at, publicación en torno a audiovisual contemporáneo e a cultura aberta. Formou parte do equipo fundador de Screenly, plataforma para a distribución de cinema en salas baixo demanda, da que foi responsable de comunicación e desenvolvemento.

Traballa de forma independente facendo estratexias de contidos e comunicación para distintos proxectos relacionados co audiovisual. Entre os máis recentes están a distribución e promoción da película Encallados e do documental Os días afogados, a dirección de comunicación do TEK-FEST | Encontro de tecnoloxías emerxentes de Pontevedra, a coordinación de actividades do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, a comunicación en redes do circuíto de Agadic Cinemas de Galicia ou a xestión da mediateca dixital da Doc Next Network, un proxecto da European Cultural Foundation para impulsar a creación de discursos audiovisuais socialmente comprometidos entre mozas e mozos de toda Europa. Tamén colaborou programando contidos co Festival de Cans e co festival ZEMOS98 de Sevilla. Na actualidade é responsable da programación do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación dentro do programa Coruña Dixital, do concello da Coruña.

Actividade

O obxectivo desta actividade é mostrar a diversidade de contidos en galego que se poden atopar na rede, tanto na web como nas distintas plataformas sociais e aplicacións móbiles. Nomeadamente nos blogs, Youtube, Ywitter, e Instagram.

Comezará a actividade cunha exposición introdutoria na que se mostrarán distintos exemplos de contido publicado nas redes. A continuación pediráselles ás rapazas e rapaces que busquen, anoten e recomenden unha conta ou perfil en cada unha destas redes que lles guste, para facermos entre todas un mapeado de contidos interesantes, que clasificaremos por tema, por franxa de idade, por área xeográfica, etc, anotando as súas características, e reflexionando en grupo sobre esta busca.

 MÉRCORES 16 MAIO I NEGREIRA

11h30 Fran Cañotas I Taller de xornalismo deportivo

Lugar: IES Xulián Magariños

 Francisco Rego González é xornalista da Televisión de Galicia. Desenvolve o seu labor como tal no eido da comunicación deportiva, con narracións na Radio Galega de partidos fútbol, baloncesto, balonmán, fútbol sala, voleibol, etc.

Actividade:

– Obxectivos: Normalización do uso do galego como lingua habitual nos medios de comunicación.

– Proposta: Taller de normalización lingüística na que se explicará o uso do galego nos medios de comunicación, incidindo na parte deportiva para que sexa de maior interese para os mozos e mozas participantes.

1- Explicación do uso do galego nos medios e os seus beneficios.

2- Narración de momentos do deporte galego no que os usuarios e usuarias do taller poidan probar e aprender expresións típicas das retransmisións deportivas (goles de equipos galegos, momentos do baloncesto, tríatlon, etc.). Gravaremos as locucións que se fagan no obradoiro como xeito de gardar o traballo no centro e de proposta para as actividades deportivas intercentros ou todas aquelas nas que poida participar o alumnado e que a partir deste obradoiro xere a opción de ser comentado, radiado, ou retransmitido en galego polos propios mozos e mozas que formen parte do público ou que participen activamente nos medios de comunicación existentes no entorno.

3- Realización dun simulacro de conferencia de prensa post-partido con interacción entre as mozas e mozos, para que cada un poida facer preguntas ou ser preguntadas.

 VENRES 18 MAIO I AMES

13h40 María Yañez I Mapeando o galego nas redes

Lugar: IES Milladoiro

 María Yáñez Anllo (Lugo, 1978) é xornalista, investigadora e produtora de contidos dixitais. É licenciada en Xornalismo e Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola USC. Leva 20 anos traballando en cinema, televisión e internet, sobre todo explorando as interseccións entre estes medios. É especialista en narrativas dixitais, en contido web e en distribución e promoción audiovisual na rede. Foi socia fundadora da empresa de comunicación dixital A Navalla Suíza e coeditora de EMBED.at, publicación en torno a audiovisual contemporáneo e a cultura aberta. Formou parte do equipo fundador de Screenly, plataforma para a distribución de cinema en salas baixo demanda, da que foi responsable de comunicación e desenvolvemento.

Traballa de forma independente facendo estratexias de contidos e comunicación para distintos proxectos relacionados co audiovisual. Entre os máis recentes están a distribución e promoción da película Encallados e do documental Os días afogados, a dirección de comunicación do TEK-FEST | Encontro de tecnoloxías emerxentes de Pontevedra, a coordinación de actividades do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, a comunicación en redes do circuíto de Agadic Cinemas de Galicia ou a xestión da mediateca dixital da Doc Next Network, un proxecto da European Cultural Foundation para impulsar a creación de discursos audiovisuais socialmente comprometidos entre mozas e mozos de toda Europa. Tamén colaborou programando contidos co Festival de Cans e co festival ZEMOS98 de Sevilla. Na actualidade é responsable da programación do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación dentro do programa Coruña Dixital, do concello da Coruña.

Actividade

O obxectivo desta actividade é mostrar a diversidade de contidos en galego que se poden atopar na rede, tanto na web como nas distintas plataformas sociais e aplicacións móbiles. Nomeadamente nos blogs, Youtube, Ywitter, e Instagram.

Comezará a actividade cunha exposición introdutoria na que se mostrarán distintos exemplos de contido publicado nas redes. A continuación pediráselles ás rapazas e rapaces que busquen, anoten e recomenden unha conta ou perfil en cada unha destas redes que lles guste, para facermos entre todas un mapeado de contidos interesantes, que clasificaremos por tema, por franxa de idade, por área xeográfica, etc, anotando as súas características, e reflexionando en grupo sobre esta busca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies