A Deputación da Coruña constrúe unha senda peonil na estrada Coristanco – Santa Comba

0

A Santa Comba, 25 de marzo do 2017 –  A área de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de comezar as obras de construción dunha senda peonil da estrada DP-2904, entre os puntos quilométricos 11+460 e o 12+185, no municipio de Santa Comba.

As obras, adxudicadas á empresa Aquablue Sistemas por 116.237,32 euros, axudarán a completar o proxecto de mellora da seguridade vial nunha estrada na que se está tamén rematanbdo a mellora do firme entre os puntos quilométricos 15+800 e 20+240, cun investimento de 248.156,52 euros.

A senda peonil financiada pola Deputación da Coruña  realizarase  de xeito paralelo á estrada DP 2904, Coristanco- Santa Comba, na súa marxe esquerda, entre o camiño de acceso á fervenza de Castriz e o comezo das beirarúas xa existentes do núcleo do mesmo nome.

Construirase a senda sobreelevada cun bordo de formigón cun ancho de dous metros, o saneo nunha profundidade variable entre 86 e 81 centímetros, recheo cun espesor de 70 centímetros e pavimentación posterior da calzada.

Para o drenaxe das augas pluviais, contémplase a construción dunha rede de tubaría de formigón, que discorrerán baixo a senda peonil. Para a captación das augas colocaranse sumidoiros cada 25 metros. A mesma distancia para a colocación dos pozos de rexistro. Estas obras da Deputación da Coruña complétanse coa construción nese tramo dun muro de escollera cunha altura de 1,7 metros. Implantarase tamén unha varanda de aceiro e substituiranse as actuais en ambas marxes. A esta actuación engádese ademais a execución de dous tramos de cuneta revestida de formigón na marxe dereita da estrada así como a sinalización horizontal e vertical e peches de parcelas que resulten afectadas pola realización das obras.

O prazo de execución dos traballos é de catro meses.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies