займ срочно

A Deputación de A Coruña financiará unha furgoneta para os comedores escolares de Ames

0

Ames, 28 de xuño do 2017 –  A Deputación da Coruña destinará 20.000 euros para financiar a adquisición dunha nova furgoneta destinada a efectuar o reparto dos comedores escolares dos colexios do Concello de Ames.

A achega provincial, que será articulada a través dun convenio de colaboración entre ambas institucións, será sometida á aprobación da corporación provincial no pleno ordinario do venres 30 de xuño e supón un 80% do orzamento total da adquisición do vehículo. O 20% restante (5.000 euros) será achegado polo Concello de Ames.

A furgoneta estará destinada a dar servizo á rede de comedores escolares de Ames, da que se benefician máis de 1.100 alumnos de infantil e primaria do municipio nos centros de A Maía, Barouta, Vertín, Milladoiro e Agro do Muíño.

Precisamente no CEIP Agro do Muíño, onde se sitúan os comedores escolares qiue preparan as comidas para este centro e para outros do municipio, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, coñeceu de primeira man a principios deste ano o funcionamento deste servizo xestionado directamente polo Concello e comprometeu o apoio económico da institución provincial para renovar o vehículo que presta actualmente o servizo de reparto dos menús entre os centros.

O novo vehículo contará cunha zona útil de carga de 5 metros cúbicos e un máximo de 1.000 kg, 100 cv. de potencia, capacidade para tres persoas e zona de cargo con panel separador e un ancho máximo de 2,35 metros para poder acceder sen problemas ás dependencias de cociña do Agro do Muíño, dende onde distribuirá os menús a outros colexios amienses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies