займ срочно

Deputación e e Concello de Negreira rematan as obras da rúa Teresa Fabeiro Caamaño

0

Negreira, 16 de abril do 2021 – O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, supervisaron as obras acometidas na rúa Teresa Fabeiro Caamaño.

Deputación e concello de Negreira realizaron en esta vía traballos de reurbanización e canalización de pluviais. O obxectivo era rematar cos asolagamentos que vivendas e garaxes sufrían cada ano.

Os traballos, recentemente rematados, supuxeron un investimento de 191.906,85 euros, dos que o 80% foi achegado pola Deputación. O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, explicou que “servirán para evitar as inundacións se producían cada inverno en sotos, garaxes e baixos comerciais e que afectaban a outras rúas adxacentes coma a rúa Rosalía de Castro ou Rúa de Castelao, así como para eliminar o retorno de augas fecais que afectaba ao CEIP O Coto debido ao exceso de caudal e a aos continuos atascos que se producían na anterior rede de saneamento”.

Pola súa banda o presidente do ente provincial, Valentín González, dixo que “Esperamos que as obras supoñan a solución definitiva a este problema, que para o alcalde era unha preocupación importante, pois afectaba a moitos veciños e negocios da zona e incluso a un centro escolar”.

As obras consistiron na construción dunha nova rede separativa de pluviais e fecais, que discorre ao longo de toda a rúa e que está dimensionada para evitar a carga excesiva que colapsaba a antiga rede, sobre todo das escorrentías da Praza das Brañas, facilitando un mellor rendemento da EDAR e beneficiando tanto aos veciños da zona coma as instalacións educativas da zona.

Os traballos incluíron tamén a reurbanización da zona, o reasfaltado da rúa e pintado das marcas viais, pasos de peóns e demais sinaléticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies