A Deputación aproba a ampliación da estrada que une Compostela con Val do Dubra por Miramontes

0

Bisbarra, 26 de maio do 2018 – O pleno da Deputación da Coruña aprobou, por unanimidade, o proxecto para o ensanche, mellora de trazado e do firme da estrada provincial DP 7084 Val do Dubra- Santiago entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223, no lugar de Miramontes en Compostela.

O proxecto suporá un importante investimento de 1.260.761 euros, dos que 913.410 se destinarán a financiar as obras e 347.351 € ás expropiacións necesarias para a realización dos traballos, que comprenden un tramo de 3,5 quilómetros cun elevado volume de tráfico que conecta o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701.

As obras suporán a ampliación da plataforma do vial ata os 9 metros (7 metros de calzada e 1 metro de beiravía en cada unha das marxes), a mellora do trazado en determinadas curvas e a pavimentación do tramo con macadam e zahorra artificial, ademáis da instalación dun sistema de drenaxe lonxitudinal con tubo de formigón, sistema de recollida de pluviais nos tramos onde hai beirarrúas e dotación de nova sinalización horizontal e vertical.

405.000 euros para a nova ponte sobre o Gatofero

O proxecto, un dos de maior orzamento do departamento de Vías e Obras da Deputación durante o presente ano, complétase ademáis coa actuación prevista para a construción dunha nova ponte sobre o rego Gatofero, no punto quilométrico 19+720 desta estrada provincial, e que suporá un investimento adicional de 405.294 euros.

Este proxecto, que xa foi aprobado polo pleno da Deputación, suporá a demolición da ponte actual, con só 6 metros de ancho que resultan insuficientes para a nova sección do vial, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 de beirarrúas, que se ubicarán en ambas as dúas marxes.

A nova estrutura consistirá nunha ponte de 25 metros de lonxitude total con catro vigas doble T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial