A Deputación paga as expropiacións da senda Santiago Figueiras

0

Compostela, 18 de xuño do 2019 –  A Deputación da Coruña publica no Boletín Oficial da Provincia o anuncio de pago de depósitos previos das expropiacións necesarias para as obras de construción dunha senda peonil entre Santiago e Figueiras.

A Deputación cita aos propietarios dos terreos o vindeiro 27 de xuño, de 16.30 a 18 horas, no Centro Sociocultural de Figueiras para completar o trámite de expropiacións co pago de depósitos previos.

A Deputación contempla un investimento de de 754.129,97 euros para financiar as obras, aos que hai que sumar os 39.193,88 euros destinados a expropiar os 54 predios necesarios para executar os traballos da senda.

Descrición das obras

As obras consistirán na ampliación e pavimentación do arcén dereito da estrada DP 7803, que pasará do medio metro actual a 2,80 metros de ancho, o que permitirá contar cunha beiravía dun metro e habilitar unha senda de 1,80 metros para ser utilizada polos veciños e polos peóns que se desprazan pola vía.

A estrada DP-7803 serve de acceso aos núcleos de poboación de Bar de Abaixo, As Moas de Arriba, Marmancou e Figueiras, no termo municipal de Santiago de Compostela. As obras abarcarán desde o inicio do vial ata o punto quilométrico 2+560.

Aa senda terá unha lonxitude de 2,5 quilómetros e conectará nalgúns tramos con camiños que se dirixen ou proceden do Monte Pedroso, nos que se rexistra un elevado número de camiñantes.

A nova senda executarase en mestura bituminosa en quente, un pavimento similar ao existente na actual calzada, agás en dous tramos puntuais nos que existen núcleos de vivendas (entre os puntos quilométricos 0+00 e 0+220 e  0+570 ao 0+790) nos que se optará por construír beirarrúas de formigón con bordillo.

As obras inclúen o retranqueo dos postes que soportan tendidos aéreos de telefonía, electricidade e alumeado público, a reposición de dúas acometidas de gas, e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical, entre as que figuran novas marcas viais con resaltos, delimitadores de carril de caucho con elementos reflectantes, captafaros cada 20 metros e barreiras de seguridade nas zonas de curvas; todo elo co obxecto de incrementar ao máximo a seguridade do tránsito de peóns. Tamén se prevé a reposición das cunetas e a mellora do sistema de drenaxe, con colectores de formigón, pozos de rexistro e sumidoiros.

60 quilómetros de sendas peonís no actual mandato

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso destacou “o importante esforzo inversor realizado polo departamento de Vías e Obras para a construción de 60 novos quilómetros de sendas peonís nas estradas da provincia”, en referencia ao Plan de Sendas da Deputación, que mellora a seguridade dos viandantes en 26 estradas provinciais, cun orzamento de 6,3 millóns de euros neste mandato.

Esta acción compleméntase ademáis cos 3,4 millóns de euros que a Deputación da Coruña inviste, a través do Plan Único (POS+), na construción doutras 21 sendas peonís nos concellos da provincia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial