O Plan Único da Deputación financia reforma da piscina da Baña

0

A Baña, 24 de novembro do 2018 –  O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia con 73.546 euros as obras de reforma da piscina municipal de San Vicente, en A Baña.

A plataforma de Contratación do Estado vén de publicar o anuncio de licitación dos traballos, que serán financiados ao 100% pola institución provincial a través do POS+2018. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de decembro. O obxectivo é que as instalacións da piscina estean dispoñibles para o uso da veciñanza durante os meses de verán de 2019.

A piscina infantil e a piscina de uso xeral contan actualmente cun revestimento moi deteriorado, o que ocasiona continuas labores de reparación e perigo de que os usuarios sofran cortes cos anacos deprendidos.

As obras consistirán na dotación dun novo revestimento aos vasos das piscinas, construido con lámina de PVC termosoldada, o que evitará filtracións e desprendementos; a substitución do peche de malla metálica da instalación e do portal de acceso e a instalación de barandillas de aceiro galvanizado. Os traballos inclúen tamén melloras no local de socorro e primeiros auxilios, a instalación de taquillas nos vestiarios e a instalación dun sistema automático de aporte de auga para a piscina.

Doce obras e 1,8 millóns investidos en A Baña

Está é unha das doce obras que o novo Plan Único, impulsado polo goberno provincial que preside Valentín González Formoso, financia no municipio, cun investimento de preto de 1,8 millóns de euros en só dous anos.

As melloras do núcleo de Señor, a humanización da rúa Castiñeira, a rehabilitación do entorno da Fonte dos Lagos, ou pavimentación de numerosos camiños e estradas de distintos núcleos rurais de A Baña son financiados con cargo ao Plan Único.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial