A Deputación adxudica a mellora da estrada DP 4604 de Melide ás Pías por Toques

0

Bisbarra, 18 de outubro do 2017 – A Deputación da Coruña vén de adxudicar por importe de 193.475 euros as obras de pavimentación e mellora do tramo da estrada provincial DP 4604 (de Melide ás Pías por Toques) que discorre entre os puntos quilométricos 1+110 e 6+730.

A empresa Construcciones Ponciano Nieto foi a adxudicataria das obras, que comezarán nas próximas semanas e consistirán na pavimentación con mistura asfáltica en quente de diversos tramos ao longo destes 5,5 quilómetros do vial, cunha superficie total asfaltada de 35.130 metros cadrados. Unha vez completada a nova pavimentación, levarase a cabo a sinalización horizontal do vial e completarase a sinalización vertical, co obxecto de mellorar a seguridade en todo o tramo.

O firme da estrada presenta actualmente un estado de deterioro importante, debido en parte ao paso de camións, xa que dos 2.080 vehículos que rexistra diariamente o vial, un 9% son vehículos pesados.

Estas obras terán un prazo de execución de dous meses e para a súa execución non será preciso realizar cortes de circulación, xa que se realizarán primeiro nunha marxe e despois na outra, mantendo en servizo un dos carrís en todo momento.

Travesía de Souto e mellora do trazado das curvas de O Toxo

Nesta mesma estrada provincial DP-4604, o servizo de Vías e Obras da Deputación publicará tamén nos vindeiros días a licitación das obras de remodelación da travesía de Souto, que suporán un investimento adicional de 225.556 euros para a demolición das beirarrúas existentes e a construción doutras novas, que mellorarán a accesibilidade. Habilitaranse tamén novos tramos de senda peonil nas zonas onde non existen pasos habilitados para peóns.

Outro investimento importante que acometerá a Deputación neste vial suporá a eliminación dun punto negro de concentración de accidentes, as coñecidas como curvas do Toxo, xusto no límite dos concellos de Toques e Melide.

Este proxecto suporá un investimento de 500.000 euros dos que 39.000 corresponden ás expropiacións necesarias (actualmente en trámite) e 460.814 €  para as obras, que aínda están pendentes de saír a licitación, e que consistirán na corrección e mellora do trazado e na ampliación da plataforma de 7 a 9 metros, con dous carrís de 3,5 m. e beiravías de 1,5 m en ambas as dúas marxes da estrada.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies