A Deputación mellorará a accesibilidade en Teo

0

Teo, 23 de marzo do 2018 – O Pleno da Deputación aprobará a cofinanciación dun proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade en distintos puntos do concello de Teo.

O proxecto de accesibilidade recibirá un investimento de máis de 45.000 euros dos que o organismo provincial aportará un 66%. Os traballos inclúen actuacións en pasos de peóns para acceder a instalacións públicas, marquesiñas de transporte público ou dar continuidade á vía do itinerario peonil entre distintos núcleos. Neste sentido, as beirarrúas adaptaranse á normativa de accesibilidade vixente. Tamén está previsto a execución de pasos de peón sobreelevados, complementándose onde sexa necesario por algún elemento redutor da velocidade. As actuacións previstas levarán consigo certos cambios na situación dos elementos de drenaxe do vial, como sumidoiros ou tubos pasantes, para evitar acumulación de augas no entorno dos pasos.

As zonas que se modificarán serán: rúa Rarís, rúa A Igrexa de Calo, Campo da Festa, rúa Cernadelo, rúa Ameneiro e Pavillón Polideportivo. A Deputación firma este proxecto englobado dentro dunha estratexia de mellora de camiños de titularidade municipal 2012-2018, que ten como finalidade a mellora da calidade de vida dos habitantes dos núcleos rurais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial