займ срочно

A Deputación da Coruña mellora a estrada DP 1002 en Boimorto

0

Bisbarra, 3 de xuño do 2020 – A Deputación da Coruña comezou as obras de renovación da capa de rodaxe da estrada provincial DP 1002 da AC-234 á Gandara, no termo municipal de Boimorto, cun investimento de 72.849,54 euros.

A estrada de Boimorto, cuxo firme actual está deteriorado, ten un tráfico medio de 1.897 vehículos diarios, dos que algo máis do 7% son vehículos pesados. As obras suporán a renovación completa da capa de rodaxe do vial  no tramo que vai desde o PQ 0+000 ao 0+900, tras o fresado e reparación das zonas máis deterioradas.

A Deputación da Coruña mellora a estrada DP 1002 en BoimortoO saneo da capa superficial levarase a cabo nunha superficie de 2.732 metros cadrados, mentres que a dotación da nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor farase nunha zona de 7.280 metros cadrados.

As obras teñen un prazo de execución de dous meses e inclúen tamén o reforzo da sinalización horizontal e vertical na zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies